Non é a primeira vez que diriximos un escrito á AMTEGA pedindo explicacións sobre o bloqueo no acceso a determinadas páxinas web de contido ideolóxico de esquerdas. Non queremos pensar que este tipo de diferenza de criterio á hora de bloquear o acceso web se deba a un criterio de discriminación ideolóxica, xa que, de selo caso, estaríamos a falar de CENSURA.
Nunha ocasion anterior, este problema, que entedíamos daquela como puntual, foi solucionado tamén despois de presentar un escrito. Non entanto, observamos que a Administración persiste nesta actitude. Gustaríanos coñecer o criterio para bloquear reiteradamente determinadas páxinas que defenden unha política alternativa de esquerdas, anticapitalista e mesmo facilitan información sindical. Curiosamente desde os equipos informáticos dos Servizos Centrais da Xunta non hai problema en acceder a páxinas web de exaltación da figura de dictadores e partidos políticos, sindicatos ou organizacións de extrema dereita.
Lembramos, tal e como xa fixemos anteriormente, que o artigo 20 da Constitución Española indica que o dereito fundamental a recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión, non se pode restrinxir mediante ningún tipo de censura previa.
Xa que logo, volvémoslle insistir á AMTEGA que se nos informe de cales son os criterios polos que se bloquea calquera páxina web dentro da rede corporativa da Xunta de Galiza. En todo caso entendemos que os criterios deben ser absolutamente técnicos e polo tanto debe facilitar, en condicións de igualdade, o acceso a todo tipo de páxinas web informativas, indepentemente da súa ideoloxía e sen que se exerza ningunha censura previa.
Con data 8 de xuño, recibimos a resposta da AMTEGA.
ResponderEliminarPechouse a interaccion SD293388.
TICKET INTERACCION
ID do ticket: SD293388
Estado do ticket: Cerrado
Hora apertura: 05/06/13 15:32:16
Operador: mrodpra
Contacto: CIG
Método contacto preferido: Email
Descrición:
http://equipos.xunta.es/tic/xdoc/Peticions/CXR/SD293388_XoseRamonVazquezRodriguez.pdf
SOLICITUDE ACCESO http://redroja.net
CIG
Solución:
URL recalificada e accesible dende a rede corporativa.
POLO QUE NOS PODEMOS FELICITAR DE QUE A XUNTA DEIXE ACCEDER A ESTE CONTIDO. AÍNDA ASÍ, NON EXPLICAN POR QUE ESTABA DENEGADO.