A Xunta de Persoal dos servizos
centrais denuncia na seguinte nota de prensa que a Xunta de Galiza está a
pagar por uns servizos que non se prestan sen que a esta lle importe
demasiado a pesar da elevada cantidade deste contrato. Din que cabe
preguntarse se á Xunta lle sobra o diñeiro ata tal punto de poder
permitirse este incumprimento ou se estamos ante un indicio de
prevaricación.
O 31 de maio de 2012 formalizouse o contrato de limpeza dos distintos edificios administrativos da Xunta de Galicia. A empresa gañadora foi a única que se presentou: Limpiezas Pisuerga Grupo Norte, S.A. por valor de 5.597.861,00 € (IVE excluído); só 2.139€ por baixo do orzamento base de licitación 5.600.000,00 € (IVE excluído). Actualmente o dito contrato encontrase prorrogado.
Logo da lectura dos pregos, podemos asegurar que o mencionado contrato está sendo incumprido,
sen que por parte da Administración se impoñan ao adxudicatario ningún
tipo de penalización ou se teña resolto este, con perda da garantía, tal
e como establecen os pregos e a lexislación correspondente.
a) A empresa esta incumprindo do disposto no apartado 14.1 do prego de cláusulas administrativas, ao non realizar as substitucións do persoal que teña asignado o servizo de limpeza dos edificios dos servizos centrais.
b) Non se están a realizar diversos traballos recollidos nos pregos
tales como a limpeza anual das fachadas de pedra, limpeza quincenal de
azulexos de aseos e servizos, limpeza quincenal de armarios e estantes,
etc. nos servizos centrais (ver 5.2,6.8.1, 6.4.2., 6.4.3. do prego de
prescricións técnicas)
Os mencionados feitos poderían ser
constitutivos de indicio penal e prexudican gravemente a Administración e
o resto de empresas da competencia que seguramente estarían dispostas a
prestar os servizos que se están prestando (que non son os contratados)
mesmo a un prezo menor que o facturado pola actual adxudicataria.
Non pode ser que unha empresa se
beneficie do incumprimento do establecido nos pregos de contratación
cuns aforros de custos e a administración non esixa o cumprimento do
contrato senón que lle dea o visto bo a uns Servizos que non se prestan e
si se cobran.
Un dos exemplos máis evidente e a
fachada principal de pedra do edificio administrativo de San Caetano,
onde se aprecia claramente que leva anos sen limpar pese a que nos
pregos se establece unha limpeza anual.
O anterior pódese comprobar cotexando a
documentación do contrato que achegamos e facendo unha visita polas
instalacións do edificio administrativo, onde se poden observar as
deficiencias descritas (achéganse fotos). Agradecemos aos medios de
comunicación a difusión desta nota e ás persoas con responsabilidades
políticas que traballen para erradicar estas prácticas.
A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais xa puxo en coñecemento dos grupos parlamentares da oposición o dito incumprimento.
Na fotografía pódese comprobar o estado da fachada do eficio administrativo de San Caetano que non se limpiou en anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario