Existen centros dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza que
solicitan o informe aos órganos de representación mesmo unha vez
esgotado o prazo legal para resolver.
A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais
vén de dirixir unha batería de escritos a cada unha das secretarías
xerais e máis a Función Pública e Avaliación. Estes escritos fan
referencia á obriga legal de solicitar informe aos órganos de
representación nas flexibilidades familiares. Non só se detectan erros
sustancias interpretativos da lexislación actual por parte dos distintos
departamentos, senón que existe un atraso evidente na tramitación das
flexibilidades familiares e un defecto no envío de documentación para
elaborar o informe.
Demora excesiva nas resolucións
A pesar de que na Xunta de Persoal
emiten os informes o mesmo día que chega a solicitude, a Administración
non fai a súa parte. Esta demora prodúcese en dúas fases do
procedemento:
1º) Atraso na solicitude do informe á Xunta de Persoal
(ata 83 días AMTEGA, ata 74 días FACENDA ou ata 67 días SANIDADE),
facendo en moitos casos envíos masivo de solicitudes acumuladas.
2º) Atraso en asinar a resolución despois de enviar nós o informe (ata 41 días FACENDA ou entre 20 e 27 días TRABALLO E BENESTAR)
2º) Atraso en asinar a resolución despois de enviar nós o informe (ata 41 días FACENDA ou entre 20 e 27 días TRABALLO E BENESTAR)
Estas demoras fan que en moitas ocasións
se sobrepase o tempo legal para resolver (3 meses) e a pesar do
silencio positivo, os departamentos non están executándo as resolucións
presuntas.
Expedientes incompletos
Para facer un informe en condicións é preciso ter a maior información
posible sobre a solicitude. Porén, en moitos casos as consellarías nin
remiten a propia solicitude da persoa traballadora, senón tan só un
oficio cunha relación de nomes de persoas que din que solicitaron a
flexibilidade.
A Xunta de Persoal demanda que xunto co escrito de petición de
informe, acompañen a solicitude da persoa traballadora e o informe da
persoa titular do centro directivo e, unha vez comunicada a resolución,
se lles remita copia desta para facer un seguimento dos casos, algo que
actualmente só fan cunha de cada 4 solicitudes.
Non se respecta a legalidade
Detecta a Xunta de Persoal confusión,
entre o propio persoal traballador, no relativo aos horarios
establecidos. Recorda que no caso de flexibilidade por razón familiares
non existe un horario de presenza obrigatorio, sendo este aspecto a
principal diferenza coa flexibilidade automática. Xa que logo, demanda á
Administración que non se siga esixindo á persoa traballadora un
horario de presenza fixo, xa que vai en contra da lei de igualdade e da
orde.
Esta confusión entre horario de
referencia e horario de presenza exemplifícase en situacións nas que o
propio persoal traballador demanda nas súas solicitudes de flexibilidade
familiar un horario de referencia inferior ás 37,5h semanais. P.ex.:
FACENDA: 7:30 a 14:30 h de luns a venres (35 horas semanais) ou TRABALLO
E BENESTAR: 09.10 a 15:15 horas de luns a venres (30 h e 50 minutos
semanais)
Por outra banda, existen resolucións de concesión que establecen abertamente ese horario de presenza obrigada
“por necesidades do servizo”, de novo, contravindo a lei xa que o que
permite esta é modificar o horario de referencia pero nunca establecer
un horario de presenza obrigada.
Por último, cómpre destacar tamén que a propia Xunta de Persoal destacou na súa campaña “Que non che quiten os venres” que o establecemento dun horario diario de referencia con carácter xeral no caso da flexibilidade familiar é contrario á lei de igualdade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario