Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 5 de maio de 2014

Tralos concursos: a voltas coas comisións de servizo e sen instrucións obxectivas

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais vén de remitir dous escritos ao director xeral da Función Pública solicitando: 1) unha nova reunión para tratar as irregularidades das comisións de servizo unha vez rematados os procedementos de provisión de postos de traballo e 2) a apertura dunha mesa de negociación co fin de elaborar un novo texto que regulamente as comisións de servizo con maior transparencia e obxectividade.

Irregularidades tralos concursos
Entre as cuestións que motivan a reunión, a Xunta de Persoal destaca o aumento do mercado negro das comisións de servizo trala resolución dos concursos e detaca o seguinte: as bolsas de postos de nivel 25 que quedaron vacantes tralas renunciar do persoal que tomou posesión en LD, a inobservacia do procedemento establecido (ocupación do posto antes da resolución, ausencia de motivación, non valoración da preferencia no centro...), abuso das reiteradas comisións de servizos en LDs declaradas desertas, etc.

Solicitude de nova regulamentación
Cualifica a Xunta de Persoal de "prácticas perturbadoras" dos sitesma de provsión ordinario  a recurrencia a este sistema "exepcional" de cobertura. Desde a resolución do concurso de 2011 ata o actual veñen de concederse 5.300 comisión de servizo.

Existen normas pero sen nunca entrar en profundidade nos dous aspectos críticos: a falta de motivación da resolución e a falta dunha baremación de criterios obxectivos. Asegura a XP que se "está favorecendo dúas clase de traballadores" para diferenciar entre o persoal que se lle aplica con rigor a escasa normativa e aqueloutro que baixo "diversos subterfuxios" conseguen burlar a legalidade.

Por último, a XP fai fincapé en que a concesión "ad favorem" actual das comsións de servizo como práctiva habitual dificulta o exercicio independente do persoal funcionario nas súas funcións e puntualiza que ata "choca frontalmente co recentemente presentado Código ético da Xunta de Galiza".

Ningún comentario:

Publicar un comentario