A CIG denuncia que se dedican 2,7 millóns de € para a xestión privada de residencias de maiores, mentres os centros públicos sufren continuos recortes.
Beatriz Mato publica hoxe no DOG os convenios con residencias privadas mentres manten en ceo o incremento de prazas en residencias públicas da Xunta de Galiza.
O
DOG do LUNS 18 DE AGOSTO DE 2014, publica o anuncio de
contratación de xestión de servizos públicos para a reserva e ocupación
de prazas residencias para persoas maiores en centros privados en
diversos concellos de Galicia. O orzamento da licitación é de 690.044
euros que supon a ampliación dos concertos con residencias privadas e
supón un desembolso do erario público, isto é dos cartos de todos os
cidadans, de 2,7 millons de euros no ano 2014.
Beatriz
Mato, esta finalizando durante este verano de 2014, a folla de ruta de
traspaso ás empresas privadas da atención ás persoas maiores en
situación de dependencia e que necesitan o seu ingreso nunha residencia
de maiores. En pleno mes de agosto a consellería de Traballo e
Benestar pública unha resolución pola que se engorda a subvención para
prazas en residencias privadas, de tal xeito que queda no olvido
a creación de prazas en residencias públicas, nas que dende o 16/11/2007
que se inaugurou a Residencia de Maiores de Volta do Castro en
Santiago non se levou adiante nengún incremento de vacantes, co que se
consolida durante todo o mandato de Beatriz Mato a política de
incremento cero en prazas para persoas maiores en residencias da
Xunta de Galicia. Engordandose o lucro e beneficio de empresas privadas
no negocio de atención ás persoas maiores e facendo imposible que as
residencias públicas poidan atender a demanda de miles de persoas
dependentes que reclaman ser atendidos en centros públicos.
Beatriz Mato consolida un modelo de
atención ás persoas maiores onde as empresas privadas poden facer o seu
negocio, neste caso o seu agosto e nunca mellor dito, pola coincidencia
coa data de publicación das "axudas á xestión privada". Contrasta
este afan privatizador de desvio de fondos públicos para subvencionar
prazas de persoas maiores en residencias privadas, cos severos recortes
nos orzamentos dos centros públicos que chegan xa ao 50% na minoración
de gastos de manutención, renovación de maquinaria ou gastos corrientes
(cueiros, material de limpeza e mantemento,etc). Recortandose tamén o
persoal de atención directa nas residencias de persoas maiores
(supresión de prazas, non cobertura de baixas e vacantes) o que
imposibilita cada vez en maior grado que os usuarios dos centros da
Xunta de Galicia poidan ser
atendidos por profesionais en condicións óptimas e en número suficiente
para prestar un servizo de calidade e de xeito que os dereitos destes
usuarios se vexan garantidos sen estar a merced da iniciativa
empresarial privada con animo de lucro, ao que son derivados por falta
da residencias públicas. Os nosos maiores non se poden convertir nun negocio para buscar beneficios comercias.
Por todo iso, dende a CIG de Traballo e Benestar-A Coruña, rexeitamos PUBLICAMENTE a política de Beatriz Mato de
entregar recursos públicos a empresas privadas, coa única xustificación
creada pola propia conselleira de Traballo e Benenstar isto é que non
hai prazas pública suficientes e si non as hai é porque ela mesma evitou
que as houbese, o que convirte a Beatriz Mato na principal responsable
da NON EXISTENCIA DE PRAZAS SUFICIENTES EN RESIDENCIA DE MAIORES PARA
ASI XUSTIFICAR O DESVIO AS RESIDENCIAS PRIVADAS DAS PERSOAS MAIORES CON
DEPENDENCIA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario