No BOE do 17/09/2014 publícase a "Lei de racionalización do Sector
Público e outras medidas de Reforma Administrativa". Con esta linguaxe
mentirosa que se emprega desde o goberno quere dicer "de
restricións", "de control" e "de contrareforma" das
Administracións públicas.
En calquera
caso, como guinda do pastel trae un carameliño hipócrita (un moscoso máis,
despois de roubarnos un lote deles). Xa que logo, a cousa para este ano e para
os seguintes (mentres non volva a cambiar) queda tal como sigue: 5 por
lexislación estatal e 2 polas instrucións de permisos, vacacións e licenzas
(DOG 20/03/2013), facendo un total de 7.
Ollo
porque xunto con este caramelo veñen modificacións substanciais no EBEP:
regulamentación do persoal interino, a introdución do persoal militar na
administración ou sobre a mobilidade do persoal entre Administracións.
Xa que
logo, parece que agora interesa estar a ben coas empregadas e empregados
públicos porque a semana pasada saltaba tamén a seguinte nova, a raíz da
preparación da Lei de Orzamentos do Estado:
Sexa como for, nas cousas de andar por
casa, volveu o horario de inverno e con el a choiva e nada máis porque do
falado na última mesa Xeral aínda non hai resposta da Administración: nin promoción
interna, nin concurso de laborais, nin solución para o concurso de
informática, nin por suposto nada de nada dos novos concursos de persoal
funcionario de corpos xerais ou especiais que vimos reclamando.
Como proba da necesidade de novos
concursos, basta botar unha ollada aos datos das novas comisións de
servizo de xullo e agosto: un total de 167, que foi algo menos das que
houbo en xuño, pero non está mal para ser pleno periodo vacacional. Agora ben,
o número de comisións de servizo en prazas de nível mantense máis ou menos,
houbo un total de 38 comisións en postos de nível 25 (que arrastran
tamén máis nomeamentos en postos de nível 18).
Por
certo, de querer estar a ben coas empregadas e empregados públicos galegos, podemos
falar de retirar esa inxusta Lei de medidas que estableceu, entre
outras, que temos que pagar por enfermar e vai facer xa para 3 anos en
vigor.
Apetécelle
estar a ben coas empregadas e empregados públicos galegos, Sr. Feijóo? Pois
téñao en conta agora que se está a elaborar a Lei galega de orzamentos para o
2015 e aínda está a tempo...
Descargar cartaz
Descargar cartaz
Ningún comentario:
Publicar un comentario