Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 18 de marzo de 2025

Concurso traslados arqueoloxía, lingüistas, restauración, delineantes, arquivos-bibliotecas-museos, marítimo-pesqueiros e extensión pesqueira (borradores 17/03/25)

 

A Dirección Xeral de Emprego Público achegounos os borradores das convocatorias dos seguintes concursos de traslados, con prazo de alegacións ata o venres 21. Se é do teu interese, contacta coa CIG.

  • Concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e de axentes de extensión pesqueira. Descargar

  • Concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (escalas de expertos lingüistas; de arqueólogos; técnica de restauración; técnica de delineantes; de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos; de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos; técnica de arquivos, bibliotecas e museos; auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Descargar

Días antes, enviaronos os listados de postos para estes dous concursos, tamén con prazo de alegacións ata o venres 21. Ligazón

Emprego Público permite a retirada de máis de 200 postos do concurso de corpos xerais

 

Na Mesa Sectorial de persoal funcionario celebrada o día 14/03/2025 a Dirección Xeral de Emprego Público trae como asunto a “modificación de postos ofertados no concurso de Administración Xeral”.

Anúncianos que retiran 212 postos do listado de postos do concurso de Administración xeral, dos que 168 postos son dunha única consellería: a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Deses 212 postos, cerca de 30 os retiran para as eleccións de destino de persoas con discapacidade intelectual da Agrupación profesional de persoal subalterno e do corpo auxiliar. Comentan tamén que os postos retirados non se van utilizar para dar destinos nos procesos de estabilización.

Baixo a escusa de modificar os postos das oficinas de emprego, retiran case a metade dos postos vacantes da Consellería de Emprego. E certo que o 80% son postos base, pero iso non é desculpa para retiralos.

Estamos de acordo en que polas condicións específicas dos postos das oficinas de emprego, se estude actualizar os niveis (xa veremos cal é a proposta) para facelos atractivos para as persoas que concursen a eles. Pero precisamente, si o problema é que os postos das oficinas de emprego non se cobren con persoas funcionarias de carreira, estamos no momento xusto para facer o contrario ao que pretende a consellería: eses postos están no listado do concurso de traslados de administración xeral, e polo tanto, para a CIG deben permanecer nese listado.

Impulso aos concursos de traslados, e os destinos dos procesos selectivos serán definitivos

   

Despois de esixir durante anos que os impulsen, aceptan retomar os concursos de traslados xa convocados e poñer en marcha os que faltan. As tomas de posesión das persoas que están en destino provisional e das que aproben os procesos selectivos serán en postos definitivos unha vez resoltos os concursos de traslados

Na última Xanela (febreiro/2025), volviamos a esixirlle á Xunta que axilizara os concursos de traslados. Na Comisión de Persoal do venres 7 de marzo, a directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) anunciou: que aceptan dar prioridade a convocar e resolver os concursos de traslados; que as tomas de posesión dos procesos selectivos serán directamente definitivos, unha vez resoltos os concursos de traslados; excepciona os procesos de persoal laboral e de escalas en que non existe persoal funcionario, nos que directamente haberá toma de posesión definitiva sen agardar por un concurso de traslados.

Esto é o anunciado pola DXEP na Comisión de Persoal:

O TSXG sentenza a favor da CIG co que emenda a carreira de depredación ambiental do País emprendida pola Xunta do PP

 

O alto tribunal interpreta que privatiza os procedementos de avaliación ambiental, externaliza a súa tramitación e a pon en mans da empresa privada. A sentenza cuestiona proxectos como Altri ou a Mina de Touro e chama a particulares, entidades e asociacións interesadas no procedemento a que soliciten a súa suspensión administrativa.

O Tribunal de Xustiza de Galiza ven de emitir sentenza favorable á demanda interposta pola CIG na que se impugnaba o Decreto 102/2023, polo que se regulan as entidades de colaboración ambiental e se crean o rexistro de Entidades de Colaboración Ambiental da Comunidade Autónoma de Galiza e o Banco de Persoas expertas en avaliación ambiental.

Este Decreto, que se formulou ao abeiro da Lei de simplificación administrativa e de reactivación económica aprobada polo PP, serve para substituír o traballo do persoal funcionario público por empresas colaboradoras privadas co obxectivo de facilitar a autorización de proxectos con impacto ambiental como os parques eólicos ou a minería extractiva, ou industrias de alto impacto ambiental.

O decreto regula as empresas “colaboradoras” ambientais, que poderían encargarse de todo o procedemento administrativo de autorización incluídos informe, control e avaliación ambiental, deixando ao persoal funcionario da Xunta unicamente a sinatura nos procedementos de autorización, que o terían que facer sen posibilidade de contrastar o rigor dos datos e a tramitación realizada pola empresa.

Mobilízate este sábado na Pobra! Altri NON, Mina de Touro tampouco

 

Este sábado día 22 de marzo, a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, da que a CIG forma parte, co apoio das Plataformas Ulloa Viva e Mina de Touro-O Pino NON, convoca unha grande mobilización por terra e por mar na Pobra do Caramiñal, con saída ás 12h desde a Estación de Autobuses, para rexeitar os proxectos industriais contaminantes e espoliadores que pretenden instalarse no corazón do país (Altri en Palas de Rei e a Mina de Cobre en Touro e O Pino) poñendo en perigo a forma de vida de miles de persoas e a saúde de moitísimas máis.

A Xunta de Galiza está levando a cabo a venda dos nosos recursos (a auga, a terra, o aire, as rías…) a grandes empresas que pretenden espoliar o noso país. Elas levarían grandes lucros e para nós, para o pobo galego, quedaría miseria e pobreza. A loita que vimos levando a cabo desde hai máis dun ano ten que continuar, após a publicación no DOG da Declaración de Impacto Ambiental do proxecto de Altri.

Non queda outra, se estiveches en Palas, se estiveches no Obradoiro, agora toca ir á Pobra do Caramiñal. E se non estiveches anteriormente, estás a tempo de sumarte. Temos que amosarlle á Xunta de Alfonso Rueda e o PP que o pobo galego non se rende, e que non imos consentir que nos espolien e nos rouben os nosos recursos naturais e a nosa forma de vida.

Se queres sumarte e precisas transporte, lembra que desde a CIG dispoñemos de autobuses desde moitas localidades do país. Podes informarte das paradas e de todo o que precises sobre os buses chamando aos teléfonos que che indicamos aquí:

  • A CORUÑA
    Saída ás 9.30h do Campo da Leña. Información no 981 169 293

  • FERROL
    Saída ás 9h do local da CIG en Esteiro. Información no 981 35 87 50

  • COMPOSTELA
    Saída ás 10h do Estadio Verónica Boquete. Información no 627 912 542

  • LUGO
    Saída ás 9h do Edificio Sindical (Ronda da Muralla). Información no 616 950 778

  • OURENSE
    Saída ás 8h desde A Gudiña. Ourense ás 9.30h. Información no 988 23 31 34

  • PONTEVEDRA
    Saída ás 10.30h desde o Pavillón. Información no 986 852 950

  • VIGO
    Saída ás 9.15 da Ramallosa. Vigo ás 10.15h. Información no 986 827 900

 Vémonos na Pobra do Caramiñal. Altri NON! Mina de Touro tampouco!

luns, 3 de marzo de 2025

Fondo de Acción Social (FAS) 2024 (resumo 27/02/25)

 

O día 27 de febreiro asistimos a unha reunión con Función Pública para tratar o Fondo de Axudas para a atención a persoas con Discapacidade (FAD).

A CIG pensa que xa é hora de chamar as cousas polo seu nome xa que como vimos denunciando dende hai anos é o mal chamado Fondo de Acción Social (FAS) porque del só queda unha única axuda: axuda para atención de persoas con discapacidade. Mantén suprimidas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como eran a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a cargo, axuda aos estudos de fillos/as e propios, adquisición de vivenda, gastos sanitarios e ópticos.

Nesta proposta que é un “corta e pega” de anos anteriores, solo muda o nivel das rendas anuais das persoas causantes, que pasa do límite dos 14.000 aos 15.120 euros pero non muda a cantidade da axuda que fica en 2.160 euros por causante, exactamente igual que no ano 2020, 2021, 2022 e 2023 sen actualizar nen tan sequera o IPC.

A CIG reitera as alegacións presentadas en anos anteriores e que se resumen en: