Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 18 de marzo de 2025

Mobilízate este sábado na Pobra! Altri NON, Mina de Touro tampouco

 

Este sábado día 22 de marzo, a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, da que a CIG forma parte, co apoio das Plataformas Ulloa Viva e Mina de Touro-O Pino NON, convoca unha grande mobilización por terra e por mar na Pobra do Caramiñal, con saída ás 12h desde a Estación de Autobuses, para rexeitar os proxectos industriais contaminantes e espoliadores que pretenden instalarse no corazón do país (Altri en Palas de Rei e a Mina de Cobre en Touro e O Pino) poñendo en perigo a forma de vida de miles de persoas e a saúde de moitísimas máis.

A Xunta de Galiza está levando a cabo a venda dos nosos recursos (a auga, a terra, o aire, as rías…) a grandes empresas que pretenden espoliar o noso país. Elas levarían grandes lucros e para nós, para o pobo galego, quedaría miseria e pobreza. A loita que vimos levando a cabo desde hai máis dun ano ten que continuar, após a publicación no DOG da Declaración de Impacto Ambiental do proxecto de Altri.

Non queda outra, se estiveches en Palas, se estiveches no Obradoiro, agora toca ir á Pobra do Caramiñal. E se non estiveches anteriormente, estás a tempo de sumarte. Temos que amosarlle á Xunta de Alfonso Rueda e o PP que o pobo galego non se rende, e que non imos consentir que nos espolien e nos rouben os nosos recursos naturais e a nosa forma de vida.

Se queres sumarte e precisas transporte, lembra que desde a CIG dispoñemos de autobuses desde moitas localidades do país. Podes informarte das paradas e de todo o que precises sobre os buses chamando aos teléfonos que che indicamos aquí:

  • A CORUÑA
    Saída ás 9.30h do Campo da Leña. Información no 981 169 293

  • FERROL
    Saída ás 9h do local da CIG en Esteiro. Información no 981 35 87 50

  • COMPOSTELA
    Saída ás 10h do Estadio Verónica Boquete. Información no 627 912 542

  • LUGO
    Saída ás 9h do Edificio Sindical (Ronda da Muralla). Información no 616 950 778

  • OURENSE
    Saída ás 8h desde A Gudiña. Ourense ás 9.30h. Información no 988 23 31 34

  • PONTEVEDRA
    Saída ás 10.30h desde o Pavillón. Información no 986 852 950

  • VIGO
    Saída ás 9.15 da Ramallosa. Vigo ás 10.15h. Información no 986 827 900

 Vémonos na Pobra do Caramiñal. Altri NON! Mina de Touro tampouco!

Ningún comentario:

Publicar un comentario