Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

xoves, 20 de abril de 2017

Aniversario da AMTEGA: 5 anos de privatizacións

Torta de celebración dos 5 anos da AMTEGA
Cúmprense nestas datas cinco anos da creación e posta en funcionamento da AMTEGA, ese monstro creado polo amigo Feijoo cun único fin: contratar os seus servizos a empresas externas.

Aos poucos, a AMTEGA foi apropiándose dos recursos humanos, materiais e económicos que antes dependían das consellerías, para conseguir facer una xestión máis opaca dos recursos e multiplicar os contratos ás empresas amigas. O seu afán devorador non ten límites: o último en caer no seu bandullo foi o CIXTEC, suprimido na disposición adicional quinta  da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación; semella ser insaciable!
 
Mentres, o persoal integrado na AMTEGA pasa por todo tipo de malos tratos da Xerencia e da Dirección. Seguimos á espera de que nos reúnan para tratar:
 
Homologación salarial do persoal laboral informático. Situación que se remonta ao ano 1993 e que os representantes da CIG expuxeron reiteradamente en varias reunións cos representantes da AMTEGA e da Xunta, sen que até o momento eses responsábeis teñan convocado unha reunión para chegarmos a unha solución definitiva.
 
Concurso de traslados. O último resolveuse o 02/04/2014, hai xa tres anos. Teremos que esperar oito anos coma a vez anterior?
 
Teletraballo. Seguimos igual neste tema. Ás persoas que solicitaron até tres xornadas por semana só se lles concede unha. Isto xa chegou á institución do Valedor do Pobo.
 
Centros de destino na RPT. Solicitamos a modificación da RPT para crear diferentes centros de destino, de xeito que reflicta a realidade das variadas localizacións e a dispersión do persoal, sobre todo no caso de Santiago de Compostela.
 
OPE Informática. Ausencia e non convocatoria de postos de informática nas últimas OPE da Xunta. Mentres noutras administracións se incrementou a oferta nos últimos anos, na Xunta é inexistente. Por exemplo, na AGE convocáronse nos últimos tres anos máis de 700 postos de persoal informático.

E poderíamos seguir con máis cousas como: centros de traballo nos que o persoal informático está amoreado, con humidades e cambios de temperatura brusca; oferta formativa específica escasa; funcionarización do persoal laboral informático; creación do grupo B; contratación externa salvaxe das tarefas do persoal informático en empresas amigas...<ironic> Pero tampouco hai que ser avariciosos e deixarémolo para o décimo aniversario! </ironic>

Desde a CIG seguiremos loitando para revindicar os dereitos de todas as traballadores e traballadores da AMTEGA e dignificar o traballo do persoal informático da xunta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario