Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 18 de abril de 2017

Horas extras do persoal médico do SERGAS para cubrir as deficiencias de persoal en Política Social

A Xunta vén desatendendo dende hai anos os equipos de valoración e orientación (EVO) que son os que determinan o grao de discapacidade das persoas que así o solicitan. A falta de persoal fai que o tempo de espera media das persoas usuarias sexa de ano e medio ou dous anos.

Ante isto se lle ten reclamado á Administración incrementar os equipos multidisciplinares dos EVO, xa que esta tardanza non ven derivada dun pico de traballo senón que é estrutural o cal implica que se debería incrementar o número de equipos e a creación de postos para axilizar a xestión dos expedientes de incapacidade, creando postos de persoal médico, psicólogos/as e traballadores/as sociais.

A solución da Xunta ante este problema estrutural é poñer un parche, que resulta aínda máis custoso que a contratación de persoal: a través dun convenio de colaboración SERGAS-Consellería de Política Social, ofrece peonadas ao persoal médico do SERGAS para que mediante horas extras faga a tarefa que lle corresponde a estes equipos.

A CIG esixe da Xunta de Galiza o incremento de postos de traballo afectos aos equipos de valoración e orientación da Consellaría de Política Social e non máis parcheos tipos acúmulos de tarefas ou horas extras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario