Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

venres, 7 de abril de 2017

Comisións de servizo, adscripcións e prórrogas de persoal funcionario durante marzo do 2017

Achegamos os datos das adscripcións, comisións e prórrogas (non hai revogacións) deste pasado mes de marzo. Descargar.

Así a bote pronto a máquinaria comisional xa está a pleno rendemento e as prórrogas (107) xa voltan a superar ás novas comisións (73). Así mentres respecto a febreiro, as novas comisións manteñénse no mesmo número, as prórrogas autorizadas dispáranse pasando de 47 a 107.

No tema de datas xa temos de novo algunhas escándalosas (unha en Lugo de máis de 4 anos e algunha en Pontevedra que tamén se pasa bastante). Tamén temos estas carreiras meteóricas na Administración, de xente que pasa dun 14 a un 25 ou dun 20 a un 28; afortunad@s por crer no Sistema. Vemos que segue sendo necesario máis necesario ca nunca o concurso permanente, ou canto menos de xeito anual.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario