Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 28 de marzo de 2018

A Xunta aumenta máis do 8% as subvencións dos medios de comunicación privados nun só ano

Para pensións non, pero para comprar os medios de comunicación con diñeiro público, para iso si sobra o diñeiro. No 2017 destinaron 1,675 millóns de euros a tales subenvcións e no 2018 asecende até 1,978 millóns. Tal suba do 8,4% nun só ano resulta un agravio comparativo co 0,25% das pensións ou do 1,75% dos soldos públicos (se que isto chega algún día).

Desde logo o Goberno da Xunta non paga as pensións (salvo o complemento das non contributivas ou a RISGA) pero si que lle parece ben que o Goberno de España só suba un 0,25% ao resto. Certo é que hai no proxecto de Orzamentos do estado unha proposta de suba dun 2% ás pensións mínimas e de viudedade, esas que están polos 650€/mes e as cales deberan igualarse dunha vez ao SMI, que xa de por si é baixo, e senón que vivan as persoas do Goberno cun SMI ou cunha pensión mínima, a ver que lles parece.

martes, 27 de marzo de 2018

A folga na xustiza galega chega á súa 49 xornada de loita "con dignidade e resistencia"

A Xunta rexeitou a nova proposta trasladada pola representación dos traballadores/as


Dende o pasado 7 de febreiro, o persoal de Xustiza de Galiza está en folga indefinida para recuperar os dereitos roubados, esixir melloras laborais e reverter o recorte de emprego aplicado pola Xunta neste servizo público. Esta loita, exemplo de dignidade, suma este martes a súa 49 xornada e as traballadoras e traballadores están dispostos a seguir pelexando até lograr acordos satisfactorios nos cinco puntos da plataforma reivindicativa.

5 millóns de euros para formar cadros sindicais, a cara B da Mesa Xeral de Negociación

O 26 de marzo publícase no BOE o acordo estatal para mellora do emprego público asinado por CCOO, UXT e CSIF co Goberno español.

O acordo en si xa foi analizado en sucesivas notas informativas, máis profundas das que fixo ningún dos sindicatos asisantes, por certo. No que queremos centrarnos hoxe é no ben esconden tras unha prosa moi elaborada a "pasta da formación de cadros sindicais" no punto 6 do dito acordo, que igual lles axudou a renunciar ao IPC no lugar do PIB como revalorización das nosas retribucións.

En el seno del grupo de trabajo de Impulso de la formación de los empleados públicos, creado en el Acuerdo para la mejora del empleo público suscrito el pasado 29 de marzo de 2017, se participará en la labor de prospección de necesidades de las iniciativas formativas para el personal al servicio de las Administraciones Públicas y se accederá a las acciones formativas dirigidas a la capacitación para el desarrollo de las funciones relacionadas con la negociación colectiva y el diálogo social.

luns, 26 de marzo de 2018

Comunicado sindical ante a situación de excepcionalidade política que se vive en Catalunya

A prol da liberdade das persoas encarceradas, o regreso das exiliadas e a supresión do 155


Organizacións sindicais, entre as que se atopa a CIG, veñen de emitir un manifesto conxunto diante da situación que se está a vivir a día de hoxe en Catalunya  “de auténtica excepcionalidade política”,  en rexeitamento ás actuacións antidemocráticas do Estado español, e na defensa dos dereitos do pobo catalán e dos seu lexítimos/as representantes.

A CIG solidarízase co pobo catalán e exixe a urxente e inaprazábel liberación das/os presas/os políticos

Denuncia a represión e a violencia institucional exercida polo aparello do Estado español


A Confederación Intersindical Galega manifesta a súa máis enérxica repulsa ante a violencia institucional exercida polo aparello do Estado contra o pobo catalán, as súas institucións e as/os súas/seus lexítimos representantes. Denuncia que a persecución e encarceramento de representantes políticos e sociais, por razóns ideolóxicas, atenta gravemente contra os máis básicos principios democráticos. Rexeita a persecución de ideas políticas, a vulneración do principio da separación de poderes e a utilización do Tribunal Constitucional, da Fiscalía e da Audiencia Nacional como prolongación do Partido Popular.

venres, 23 de marzo de 2018

As chapuzas de Función Pública obrigan a ampriar o prazo para o primeiro exame de veterinarios

A Consellaría de Facenda publicou no DOG do 23/03/18 unha orde para ampliar o prazo de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, en vinte días hábiles.

A Xunta de Galiza fai referencia a que "Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo". Esas cuestións non son outras que o non axustarse á normativa no nomeamento do anterior tribunal cualificador e que tivo que ser recorrido pola CIG para evitar que todo o proceso selectivo puidera quedar viciado dende o principio polas chapuzas deste goberno trapalleiro.

A Xunta ampría o prazo de presentación de solicitudes de diversos procesos selectivos

A Xunta de Galiza modifica a data de presentación de solitudes de varios procesos selectivos a través da orde de ampliación de prazos publicada no DOG do 23/03/18.

Así pois, os prazos dos procesos selectivos convocados a principios deste mes abranguerán até o 6 ou 9 de abril, en función da convocatoria, e quedan do seguinte xeito:

mércores, 21 de marzo de 2018

O Tribunal Supremo declara que os permisos retribuidos deben iniciarse un día laborable

A dita sentenza foi ditada a raíz da demanda interposta polo sindicato CGT no ámbito estatal contra a Asociación de Contact Center. Descargar a sentenza

A Sala do Social do Tribunal Supremo vén de emitir nunha sentenza en relación cos permisos retribuidos por matrimonio, nacemento dun fillo/a e falecemento dun familiar na que establece que "[..] os permisos concédense para o seu goce en días laborables, pois en días festivos non é preciso pedilos porque non se traballa [..]", e por tanto, "o día inicial para o goce dos permisos [..] cando o feito causante se produza en día feriado, debe ser o primeiro día laborable que lle siga".

martes, 20 de marzo de 2018

Fondo de Acción Social da Xunta 2017: agravio comparativo con outras Administracións

Calquera outra empresa de tamaño menor que a Xunta dispón de Fondos de Accións Social que cubren moitas máis continxencias do seu persoal que a atención a familiares con discapacidades. O persoal funcionario doutras Administracións e doutros réximes distintos ao réxime xeral da Seguridade Social conservan unha acción social moito mellor ca do persoal da Xunta. E seguimos cos agravios comparativos. Este fondo fica recortado na Xunta desde o 2012 coa implantación da Lei de medidas "temporal".

O martes 20 de marzo asistimos á misa de doce de todos os anos entre sindicatos e Administración para tratar os criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o 2017 que, un ano máis, queda reducido únicamente á axuda para atención de persoas con discapacidade. Na xuntanza a CIG manifestou:

A Xunta pon en risco a vida e saúde dos altos cargos?

Pois non, a dos altos cargos, non, que non os mandan en coches como os que si teñen que utilizar para o seu traballo diario as compañeiras e compañeiros axentes medioambietais.


En outubro de 2016 denunciouse ante a Inspección de Traballo o lamentable estado no que se atopan os vehículos do persoal de Axentes Medioambientais, sen sinalización como vehículo prioritario, con máis de 500.000 km e 15 anos, chasis soldados, con asentos rotos, sen aire acondicionado nin climatización, con remaches na carrocería, sen mans libres, nos que lles chove dentro, sen hixiene nin seguridade…

A pesar de que a Inspección de Traballo fixera un requirimento a ambas consellarías no mes de abril do ano pasado, estas non acreditan o cumprimento de ningún dos puntos requiridos, facendo “caso omiso das indicacións dos técnicos de prevención”.

luns, 19 de marzo de 2018

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

¿QUE É O RADÓN?

O radón é un gas radioactivo que procede da descomposición do uranio presente na corteza terrestre. A presencia deste gas no exterior dos edificios é baixa pero éste acumúlase dentro dos espacios interiores como as vivendas e os sotos. Cando inhalamos o radón este afecta principalmente ao sistema respiratorio maiormente aos pulmóns, así a Organización Mundial da Saúde recoñece ao radón  dende 1988 como axente cancerixeno e recomendou uns niveis máximos de exposición.

venres, 16 de marzo de 2018

Resumo da Mesa Xeral das Administracións Públicas do 14/03/2018

A CIG rexeita o acordo retributivo para persoal das administracións públicas asinado por CCOO, UGT e CSIF co goberno do PP pois non inclúe a recuperación “do roubado” nin vincula as subas salariais ao IPC


A Área Pública da CIG rexeitou, na Mesa Xeral das Administracións Públicas, celebrada o 14 de marzo, o acordo retributivo asinado entre os sindicatos estatais e o goberno do PP porque non inclúe a recuperación do roubado, nin vincula as subas salariais ao IPC. Ademais opúxose a que se destinen máis de 5 millóns de euros para subvencionar ás organizacións sindicais, tal e como se recolle no novo Acordo de Formación para o Emprego do persoal das Administracións Públicas.

mércores, 14 de marzo de 2018

A CIG considera “intolerábel” que a única alternativa de Rajoy sexa manter as reformas que provocaron o empobrecemento das pensións

Hai máis razóns que nunca para reclamar na rúa que cese o roubo ás nosas pensións


A CIG considera que a intervención de Mariano Rajoy esta mañá no Congreso dos Deputados é “insultante” porque fai “ouvidos xordos” ao clamor social en demanda de pensións dignas. Así o valora o secretario xeral, Paulo Carril, para quen é “indecente” que o Presidente do Goberno do estado español afirmara que durante os seus anos de mandato non houbo recortes nesta materia; que ligara calquera mellora a que lle aproben os Orzamentos Xerais do Estado e que manteña inamovíbeis as sucesivas reformas, nomeadamente as impostas en 2011 e 2013. “Se xa tiñamos sobradas razóns para mobilizármonos, con esta intervención hainas aínda con máis forza para reclamar unhas pensións dignas”.

Suba salarial e recuperación de dereitos anunciada: cando será efectiva?

O acordo asinado en Madrid resulta moi fráxil tanto pola situación política como económica 


Estas semanas veuselle dando moita publicidade ao tema do preacordo asinado en Madrid polos sindicatos CCOO, UGT e CSIF co Ministerio de Facenda sobre a recuperación salarial e outros dereitos das traballadoras e traballadores públicos. A parte do contido e do contexto, hai que ter cautela sobre a súa efectividade.

Análise polo miúdo do "II Acordo para a mellora do emprego público e de condicións de traballo"

Moito se fala de este acordo, que como xa vos informamos é realmente un preacordo que será levado o 14 de marzo á Mesa Xeral das Administracións Públicas. A esta mesa á CIG vai acudir coas súas propostas, que previsiblemente a Administración e os sindicatos afíns non queiran nin negociar porque xa asinaron o acordo. Un xeito interesante de negociar. 

Achegamos o propio acordo e unha análise do seu contido. Noutra nota xa avanzabamos a nosa postura e a nosa proposta, así como unha análise do contexto e da falta de previsións para que se poida levar a cabo cada un dos seus puntos, mesmo o máis publicitado, o da subida salarial.

A suba salarial no sector público só permite recuperar o 0,48% anual, até 2020, do poder adquisitivo perdido

O persoal das Administracións tardaría 28 anos en restablecer o recortado nos últimos oito anos


A Área Pública da CIG (CIG-Administración, CIG-Ensino e CIG-Saúde) non subscribirá o acordo entre o Ministerio de Facenda e as organizacións sindicais estatais CCOO, UGT e CSIF que se prevé que se asine na Mesa Xeral das Administracións Públicas convocada para mañá mércores, día 14 de marzo, nin polo fondo, nin polas formas. 

Denuncia a pretensión de desvincular os salarios do persoal das Administracións públicas do IPC; que ese acordo só permitiría recuperar un 0,48% anual do poder adquisitivo perdido até 2020 e que, de se manteren os criterios marcados, o persoal das administracións públicas tardarían 28 anos en recuperar o que foi recortado nos últimos 8 anos. Rexeita ademais que se pactara, como en ocasións anteriores, fóra das mesas de negociación.

martes, 13 de marzo de 2018

O choio do plus dos altos cargos sobrevive na Xunta en dúas modalidades

Estes días volve a estar na palestra o plus dos altos cargo por mór do pronunciamento do Tribunal Superior de Xustiza de Balears que lle da a razón ao goberno autonómico que o suprimiu e o considera "irracional". 

Só a Comunidade Autónoma das Illes Balears tumbou este complemento. Na Xunta de Galiza está suspendido pola Lei de medidas do 2012 vai pouco debatida para a súa derrogación no Parlamento de Galicia e ao que o PP se opouxo. 

Convén facermos fincapé sobre a realidade, este complemento só está suspendido e para máis inri, a partir do 2015 sacáronse da manga outro plus de altos cargos. Algo que no seu momento xa denunciamos e bautizamos como "o plusiño dos altos cargos" e que volvemos denunciar pois sigue en pé e supón un agravio comparativo fronte a carreira do resto de persoal funcionario que non ocupara un posto de alto cargo.

A CIG denuncia o alarmante empobrecemento da clase obreira a consecuencia das reformas laborais

O Informe de Mercado Laboral en Galiza en 2017 constata o grave deterioro das condicións de vida.

O secretario confederal de Emprego, Fran Cartelle, e a responsábel do gabinete de Economía da CIG, Natividade López, presentaron esta mañá en rolda de prensa o Informe do Mercado Laboral galego correspondente ao ano 2017. Unha exhaustiva análise da que se tira que as reformas laborais impostas so pretexto da crise provocaron unha grave perda de peso dos salarios no PIB derivada da perda do emprego e do deterioro das condicións laborais. Unha situación que leva á consolidación en Galiza da figura da traballadora/traballador pobre.

Mesa Xeral sobre os criterios de repartición do Fondo de Acción Social 2017

Achega Función Pública un borrador sobre os criterios de repartición do FAS (Fondo de Acción Social) para o 2017. Como o resto de anos, desde o 2012 incluído, este fondo só contempla axuda social para atención á persoas con discapacidades ao cargo da traballadora ou traballador público.

Por moito que outras centrales nos veñan vendendo a moto dos grandes preacordos asinados en Madrid, seguimos peor que a comezos do 2010 en perda de dereitos e de poder adquisitivo. Un acordo, por certo, que venden como se fose a executarse directamente de hoxe para mañán e aínda que fora certo e inmediato seguiríamos moi lonxe da tan cacarexada recuperación. De momento, aquí, sobre a mesa o único que nos botou a Xunta foi este acordiño sobre o que queda do Fondo de Acción Social, ridículo para o que é a Xunta en comparación con outras empresas de tamaño semellante.



A CIG intensifica a campaña en defensa do sistema público de pensións

Convoca protestas este xoves para reclamar unhas prestacións dignas


A CIG decidiu intensificar a campaña que está a desenvolver en defensa das pensións ante o grave perigo que corre o sistema público como consecuencia da ofensiva do Goberno español do PP e da gran banca para promover os plans de pensións privados. O colectivo de Xubilados/as e Pensionistas convoca até 11 mobilizacións nas sete cidades e en varias vilas do país este xoves día 15 de marzo.

A central, que promove estas protestas no marco da campaña para reclamar emprego, salarios e pensións dignas, decidiu convocar manifestacións e concentracións nas sete cidades galegas e nas localidades de Lalín, As Pontes, Boiro, Cee e Burela en horarios que van dende as 11:00 até as 19:30 horas. No centro das reivindicacións, evitar o “roubo” das pensións públicas, garantir o nivel adquisitivo das prestacións e derrogar as últimas reformas aprobadas por PSOE e PP.

venres, 9 de marzo de 2018

Mobilizacións do 8 de marzo en San Caetano

 
Compartimos con vos o que foi a xornada de folga das mulleres do 8 de marzo en San Caetano, un pequeno grao de area do éxito das mobilizacións e manifestacións no noso país, no estado español e no mundo. Sóbrannos os motivos! Adiante!

A Xunta convoca oposicións para cubrir 614 prazas de emprego público en distintas áreas da Administración galega

Tras varias OPEs sen executar, a Xunta acumula en dous días a convocatoria de 614 prazas, o 60% destinadas á promoción interna.


A Xunta de Galicia conocou entre o DOG do 7 e do 8 de marzo un total de 18 procesos selectivos para cubrir un total de 614 prazas de emprego público en distintas áreas da Administración galega. Esta é a maior convocatoria simultánea de oposicións no eido da Administración xeral nos últimos anos, e a previsión da Xunta é que haxa unha alta participación dado que un número importante de prazas é de acceso libre. Non é de estrañar pois o total das prazas vén de executar con atraso prazas de ofertas de emprego público que veñen non só do 2017, senón taén do 2016 e 2015. En canto á alta participación, é habitual nun país como o noso onde a precariedade laboral e o desemprego é alto.

mércores, 7 de marzo de 2018

Servizos mínimos para a folga do 8 de marzo: abusivos e sen tempo efectivo para revertilos

Tratando de impedir que a xustiza teña un prazo razoábel para revertilo, a Administración publica o último día o decreto de servizos mínimos:

DECRETO 26/2018, do 1 de marzo, polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 8 de marzo de 2018

Ademais da mala fe desta xogada de publicalos o último día, esta Administración fixa uns servizos minimos abusivos en áreas como os servizos sociais, onde se fixan un número de traballadoras excesivo por quendas, incluso maior que os días de traballo ordinario e o mesmo sucede en centros pequenos onde se chegan a fixar uns servizos mínimos maiores que noutras folgas xerais.

A EGAP "preparará" gratuitamente a promoción interna

Estas accións apoiaranse en diversos recursos de aprendizaxe, bancos de preguntas tipo test, respostas razoadas e persoa titora de apoio.


Actualmente esto é ciencia ficción na EGAP, e polo tanto tamén o é para o persoal público da Administración xeral da Xunta de Galiza. Porén, leva anos sendo xa unha realidade para o persoal funcionario da Administración Xeral do Estado. Recentemente, como todos os anos, publicouse unha resolución do Instituto Nacional de Administración Pública, pola que se convocan accións formativas en liña de apoio a a preparación das probas selectivas para acceso, por promoción interna, a diversos corpos da Administración Xeral do Estado.

martes, 6 de marzo de 2018

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais apoia a folga de mulleres do 8 de marzo e fai un chamamento a secundala

Previamente a Xunta de Persoal dos Servizos Periféricos da Coruña fixo tamén un chamamento similar.


A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza reunida en Comisión Permanente o 5 de marzo (coa ausencia do CSIF) acordou manifestar o seu apoio á folga de mulleres que foi convocada dentro dunha xornada de paro internacional en máis de 50 países para o 8 de marzo de 2018, Día Internacional da Muller Traballadora.

Existen motivos de sobra para parar o 8 de marzo:

8 de marzo: paros, mobilizacións en Compostela e resposta a preguntas frecuentes sobre o dereito de folga

Dende a CIG Autonómica na comarca de Compostela facemos un chamamento a participación na folga de mulleres que terá lugar o 8 de marzo, no marco dunha xornada internacional de folga, paros e mobilizacións para reivindicar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia.

Está convocada xornada de folga de 24h e tamén paros de 2h en cada quenda de traballo, opción pola que se decanta a CIG, completada con mobilizacións diante dos principais centros de traballo ou puntos neurálxicos (ver cartaz).

luns, 5 de marzo de 2018

Reunión do Comité Intercentros coa Consellaría de Politica Social

O día 28 de febreiro e logo de varias solicitudes, representantes do Comité Intercentros mantiveron unha xuntanza coa Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Política Social na que se lle expuxeron as seguintes cuestións: carteleiras de traballo, problemas nos centros con traballadores/as non aptos, discriminación persoal a quendas, descanso domingos e festivos, conciliación familiar,  descontos por IT, entre outras.


venres, 2 de marzo de 2018

Adaptación ao EBEP do grupo E: reclamación por inactividade da Administración

O Estatuto Básico do Empregado Publico, introducía, xa hai máis de 10 anos, unha nova estrutura de grupos de clasificación para os corpos e escalas de funcionarios. En lugar dos cinco grupos existentes, a nova estrutura introducía dentro dos grupos (A e C) dous subgrupos en cada un (subgrupos A1 e A2 e subgrupos C1 e C2). E deixaba foga o antigo grupo E onde estaba encadrado, no caso da Comunidade Autónoma de Galiza o corpo subalterno da Administración xeral da Xunta de Galiza.

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 26: Traballadores/as de plataformas "en liña"

http://www.cigsaudelaboral.org/files/documentos/Boletin%20CIG%20Saude%20Laboral%20N%C2%BA%2026.%20Version%20galego.pdf
O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 26 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou na imaxe da portada. Este Boletín está editado polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral  da CIG e únicamente se publica en formato dixital.

Neste número atoparás:
  • Entrevista a Fran Cartelle, novo secretario confederal de Saúde Laboral da CIG
  • Protección das traballadoras e traballadores das plataformas en liña
  • Acoso psicolóxico no traballo ou mobbing
  • Novo proxecto de RD sobre control e recuperación de fontes radiactivas orfas
  • Síntese de actividade no 2017 do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral
Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí.

RPTs: a cara de formigón armado do director da Función Pública

Que este director xeral ten a cara de formigón armado sabeno ben as compañeiras e compañeiros de Xustiza que lles foi dicir que se querían cobran o que cobraban noutras comunidaes autónomas que concursarán para elas... semella que ao PP o único agravio salarial que lles conmove é o da Policía e a Garda Civil pero o resto de persoal funcionario impórtalle un pemento.

Seica o director xeral de Función Pública volveu amosar o seu talante nun informe que lle remitiu á Valedora do Pobo dicindo que todas as RPTs que saen da súa cociña que están fetén que para eso están os sindicatos. Literalmente: "na instrucción dun expediente de RPT interveñen moitos departamentos e órganos, dos que forman parte tamén os representantes sindicais, que valoran e garanten ademáis da legalidade procedimental, o correcto proceder das propostas realizadas"

xoves, 1 de marzo de 2018

Resumo da Comisión de Persoal do 28/02/2018: convocatorias de procesos selectivos e os idus de marzo


O 28 de febreiro tivo lugar unha longa comisión de persoal onde quedaron aprobadas diferentes convocatorias de procesos selectivos pendentes. Para a súa aprobación non é preciso os votos das organizacións sindicais xa que a Administración ten maioría absoluta no dito órgano, máis achegamos o sentido do voto con carácter informativo. 

Tamén se abordaron moitos temas no apartado de varios: outros procesos selectivos, concursos, plan de estabilidade... que se "en marzo", que "en breve", que se "estamos traballando niso", "a ver si", "estudarán", "mirarán"... e a leria de sempre da que xa coñecemos o resultado final de durmir os asuntos. Por certo, a publicación no DOG de todas estas convocatorias será tamén en marzo; desta volta, crémoslle pois se cumpre a data límite para que non caduquen algún dos procesos por facer xa 3 anos desde a publicación da oferta de emprego público correspondente; lamentábel.

A gran mentira dun plan de estabilización inexistente

Os sindicatos do goberno (CSIF, UGT e CC.OO) volven a vender ás empregadas e empregados públicos, desta volta prometendo un plan de estabilización que nin é plan nin é nada. A CIG NON ESTÁ disposta a participar neste xogo que segue a destruír emprego fixo e non garante os dereitos do persoal que levamos anos traballando de forma precaria.
DENDE A CIG NON ASINAMOS O MAL CHAMADO “ACORDO DE ESTABILIDADE”

1º.- Non recupera a reposición de efectivos ao 100% nin a posibilidade de creación de emprego que foi destruído neste anos, e dicir, non se recuperan as prazas amortizadas.

2º.- Non inclúe a recuperación do poder adquisitivo, a derrogación da Lei de medidas e o dereito ao descanso coa compensación por traballar os domingos e festivos.