Temos á vosa disposición a lotería de Nadal da CIG para o sorteo do vindeiro nadal (22/12/25). Xogamos o mesmo número que anos anteriores, e as participacións voltan a ser de 5 euros sen recargo.
Os puntos de venda están no local da CIG en San Caetano, Edificio Central (Presidencia) 3º andar, teléfonos 981 545 909 / 981 545 987.
E no local da CIG en San Lázaro, baixo da Consellaría de Promoción do Emprego, teléfonos 981 546 999 / 881 997 290.
Ante as desilusión que nos dan cada día os responsable da Xunta (procesos selectivos eternos, concurso eterno, comisións de servizo sine die, promocións internas eternas...) a ver se podemos darnos unha alegría.

Ningún comentario:
Publicar un comentario