Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 14 de marzo de 2018

Suba salarial e recuperación de dereitos anunciada: cando será efectiva?

O acordo asinado en Madrid resulta moi fráxil tanto pola situación política como económica 


Estas semanas veuselle dando moita publicidade ao tema do preacordo asinado en Madrid polos sindicatos CCOO, UGT e CSIF co Ministerio de Facenda sobre a recuperación salarial e outros dereitos das traballadoras e traballadores públicos. A parte do contido e do contexto, hai que ter cautela sobre a súa efectividade.

A nivel particular ninguén se vai queixar dun aumento de aínda que sexa de 20€ a 50€ brutos/mes (en función do posto) pois vén sen facer absolutamente nada. En calquera caso, outra cousa é a gran derrota a nivel colectivo que supón o "éche o que hai" pois con isa actitude aínda estaríamos agora traballando 12h ao día e sen vacacións pagadas. Noutros momentos peores se fixeron conquistas sindicais máis grandes. Se ao persoal de Xustiza se contentara co "éche o que hai", tiveran quedado como están; hoxe en día, este acordo a parte, comezaron ofrecéndolle 55€ máis ao mes (e iso que non se podía) e xa están nos 105€ pra todas as categorías... claro que levan máis dun mes de folga reclamando o fin do agravio comparativo co persoal doutras comunidade autónomas.  E é que isa é a diferenza entre conquistar os dereitos ou que nolos dean feitos.

O primeiro para  enteder a fraxilidade deste acordo é algo do máis obvio: está condicionado pola situación política; estase asinando cun Goberno que non ten os apoios suficientes para sacar adiante uns Orzamentos e iste acordo resulta unha boa ferramenta política para gañalos. Estanse tamén asinando cousas para 2020 cando a finais de 2019 haberá eleccións xerais. Boa parte dos aspectos que recolle  dependen de varias adaptacións normativas, nin moito menos inmediatas, e/ou que teñen que pasar por outras Mesas, por outros Gobernos e por outros Parlamentos ou Corporacións locais, con outras configuracións políticas e o máis importante, con outras situacións de estabilidade orzamentaria.  Xa o recolle o EBEP no seu artigo 38.3, a efectividade destes acordos non só precisa a aprobación do Goberno, senón os cambios normativos oportunos, e case todo os puntos deste acordo o implican e non só de normas estatais, senón mesmo autonómicas.

En segundo lugar, este acordo ten un importante condicionado respecto á situación económica. Non só para os efectos variabeis das subas salariais en función de variabeis macroeconómicas que o propio Goberno nas súas previsións considera que non se van a cumprir, senón para a aplicación de case todos os puntos do acordo está condicionada a situación de estabilidade orzamentaria de cada Administración en cada momento. Acionalmente, xa recolle o EBEP no seu artigo 38.10 respecto que calquera acordo pode irse a tomar polo saco cando o Goberno de vez saque un "plan de axuste" de debaixo da mesa, en teoría por unha situación de "crise económica".  Esto tería menos importancia se fose un acordo anual, pero nos acordos a 3 anos vista, as cousas poden dar moitas voltas.

En último lugar, non é imposible conseguir acordos mellores, aínda que só sexa por circunscribilos ao IPC e non ao PIB, como curiosamente si defenden CCOO e UGT para as pensións. A forza para conseguilos e facelos cumprir está na mobilización. Non é certo que non haxa cartos e non só polo que vemos a diario nos casos de evasión fiscal, corrupción, rescates á banca, rescates á autopistas, rescate ao Castor... O problema que ten o estado español é que crea riqueza e aí están os datos macroeconómicos, o problema é que está mal repartida e ten un sistema impositivo que fai que a clase rica viva moi ben a a clase traballadora cada vez peor e cuns servizos públicos cada vez máis precarios. Razón pola cal a CIG leva a súa propia proposta alternativa.

Visto o anterior,  este acordo, que en realidade é un preacordo que o 14 de marzo debera converterse en acordo a través dun paripé de Mesa de Negociación, aínda lle queda moito camiño que andar, se os límites impostos polas partes lles deixa. Razón esta pola que non poidamos, nin poden as partes asinantes, darvos unha data de efectos. Recordamos que o ano pasado os efectos da suba salarial do 1% deixáronse sentir coa nómina de xullo, tras a dilación na aprobación dos Orzamentos. Porén, a situación política esta ano é moi diferente, dada a intervención de Catalunya e o repunte da mobilización social, e o único apoio incondicional que ten o partido do goberno ás contas públicas (que aínda non presentou) é o de Ciudadanos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario