Xa está dispoñible para descarga electrónica o noso folleto de retribucións para o ano 2021 do persoal funcionario e laboral ao servizo da Administración autonómica de Galiza.
A CIG reparte o folleto de retribucións en papel impreso todos os anos. No ano 2020 tivemos que interromper o reparto por mor do confinamento. Este ano 2021 non o imprimimos tamén pola pandemia. Pero poñémolo a túa disposición en arquivo informático por se queres consultalo e conservalo. Agardamos que para o 2022 a cousa estea normalizada.
Por certo, u-la solicitude da carreira profesional grao II? U-las pagas extras completas recortadas desde 2010?
Sindicato Nacionalista de Clase
venres, 26 de febreiro de 2021
Retribucións do persoal funcionario e laboral da Administración Autonómica para o ano 2021
luns, 1 de febreiro de 2021
CONSELLERÍA DE SANIDADE: O COITELO NA CASA DO FERREIRO
Todas as consellerías son sensibles a este tema, todas?, TODAS NON, unha irreductible (casi me sae o da aldea gala ....) consellería resístese a esto, trátase para mais inri a propia CONSELLERÍA DE SANIDADE; que parece que a cousa do control da pandemia vai cos cidadáns pero no con ela; dá consellos para os demáis dos que carece para os seus departamentos de persoal.
A día de hoxe non nos consta que haxa permisos de teletraballo COVID nesa consellería, a CIG a través da Xunta de Persoal xa ten enviado escritos de queixa ao conselleiro e ao secretario xeral técnico; pero ata o de agora non temos resposta.
Como haxa algún contaxio en Sanidade en vez de falar con nos van ter que falar co fiscal.... xa non decimos máis.
Reaccionen señores García Comesaña e Fuentes Losada, e fagan algo de xestión de persoal que non só lles pagamos para sair na TVG. Non sexan o Asterix e Obelix desta historia.