Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 19 de febreiro de 2026

Neste cuadrimestre resolverase o concurso de traslados da Administración xeral

 

A directora xeral de Emprego Público contestou á pregunta da CIG sobre o prazo para resolver o concurso que afecta a milleiros de persoas empregadas públicas da nosa Administración na Mesa Sectorial de Persoal Funcionario deste 18/02/2026.

Despois de que CCOO informase de que a resolución do concurso se faría a finais de febreiro ou primeiros de marzo, na CIG non contabamos con esa información e quixemos saber que nos podía dicir Emprego Público ao respecto.

A directora xeral sinalou que veu con sorpresa os prazos publicados por CCOO, e aclarou que esta semana é a derradeira reunión da comisión que revisa as reclamacións. Unha vez rematadas as xuntanzas, teñen que implementar todas as alegacións estimadas e facer unha revisión, e este proceso non sabe canto tempo lles vai levar. Insistiu en que están rematando.

En definitiva, a directora deu como prazo correcto de resolución o primeiro cuadrimestre do ano 2026, agás catástrofe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario