Estas ordes de carreira aprobadas na Comisión de Persoal do día 22/12/2023, abren un novo prazo do sistema extraordinario para as persoas que non cumprían os requisitos de formación ou antigüedade no ano 2019 e 2022, ou que, cumprindo os requisitos non a solicitaron. Pero ollo, non o fan de xeito absoluto e deixan fora a moito persoal.
• Se es interino ou temporal con máis de 11 anos de servizos e concedéronche o grao I no 2022, non vas poder solicitar o grao II. (De feito, dos case 4.000 interinos e temporais que poden solicitar a carreira tan só 13 van poder solicitar o grao II).
• Se es funcionario de carreira ou laboral fixo con máis de 11 anos de servizos e non solicitaches o grao I no 2019 e obtivéchelo no 2022, tampouco vas poder solicitar o grao II agora.
• Se es laboral fixo que non se quixo funcionarizar e paralizáronche o cobro dos graos I e/ou II seguen esixíndoche que te funcionarices.
Propuxemos instaurar a carreira
ordinaria e encaixala co sistema extraordinario aberto, permanente e
automático para todo o persoal, sen exclusións e pagando os atrasos ao
persoal ao que se lles negou no 2019. Pero Función Pública sigue tirando
para adiante co apoio doutras organizacións, cun modelo fracasado,
discriminatorio e que non executa as sentenzas. Preguntámonos, por que
cada vez que a CIG pon solucións enriba da mesa eles prefiren seguir
arrastrando os problemas do pasado.