O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).
Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados:
Concurso de traslados de corpos xerais
- O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”).
- Serán incluídas as prazas vacantes de persoal laboral que pasan a ser de persoal funcionario dos grupos B, C1 e C2.
- O martes 23 abriron de novo a posibilidade de alegar ás prazas do concurso.
Concurso de traslados de escalas sociais
- Sen concretar datas, anuncian que o seguinte será o concurso das escalas sociais.
- Para isto, teñen que rematar primeiro a
RPT de política social (inclúe a RPT do consorcio). Fala de rematar
“nas vindeiras semanas”.
O resto dos concursos de traslados
- Recoñece que faltan algúns, pero non lles pon data.
A CIG segue a reclamar a convocatoria dos concursos abertos e permanentes.