O custo da arbitraxe das preferentes pagarémosllo todos os galegos á irmá do presidente da Xunta.
A pesar de anunciar que sobran funcionarios, o goberno do Partido Popular acaba de presentar ás organizacións sindicais unha proposta para pagar produtividade a persoal funcionario que temporalmente desenvolva a tarefa de arbitraxe nos laudos sobre as preferentes no Instituto Galego de Consumo. Ante a falta de árbitros, que teñen que ter a condición de persoal ao servizo das Administracións Públicas, a Xunta ten que recorrer a funcionarios/as doutras consellarías para sacar adiante os procedementos. Independentemente de que se habilite a arbitraxe o persoal do Instituto Galego de Consumo vai ver como aumenta o volumen de traballo sen que se incremente a plantilla para asumir esta nova carga ao ter que ser asumido un maior volume de traballo na fase de tramitación polos funcionarios/as de consumo, sendo só os árbitros os que van cobrar a productividade.