Prefire a empresa da súa irmá, EULEN
Máis dun terzo do persoal que traballa no Instituto Galego de Consumo son asistencias técnicas. Apártase ao persoal funcionario que non é de confianza de temas políticamente sensíbeis como a tramitación de expedientes das preferentes.
O 4 de abril a sección sindical da CIG de persoal funcionario nos Servizos Centrais da Xunta rexistraba un escrito dirixido tanto ao Instituto Galego de Consumo como á Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa. No dito escrito expuñamos que tiñamos constancia, porque así o vemos cada vez que acudimos as súas instalacións de visita sindical, que na sede central do instituto está traballando un bo número de persoas que non son persoal funcionario. Este persoal alleo incrementouse en boa medida coa tramitación dos expedientes de reclamacións das preferentes como se o persoal funcionario dos Servizos Centrais non estivese capacitado para facer ese traballo.

Transcorridos xa 3 meses da presentación do escrito e consonte ao réxime de procedemento administrativo queda claro que a Administración desestima a nosa petición de información. Outro exemplo claro dos “anos luz” dos que estamos na Xunta de Galiza desde espírito que tan ben vende o PP en Madrid coa Lei da Transparencia.
Tramitación de expedientes das preferentes e subordinadas
Actualmente é a privatización estrela dado o intento do PPdG, a través da Xunta, de apagar o lume de indignación social que se creou entorno a un dos máximos expoñentes da estafa do sistema bancario. Agárdase que remate o tema do arbitraxe a mediados de agosto, deixando fóra miles e miles de casos, aos que só lle quedan os xulgados e a rúa. E quen se encarga de tramitar estes expedientes? Persoal funcionario? Pois non. A CIG xa denunciara no seu momento que a única participación do persoal funcionario, escollido convenientemente, estaba na presidencia e secretaría das arbitraxes.
A xestión ordinaria e información sobre esta problemática fíxoa nun primeiro momento EULEN, onde traballa de apoderada a irmá de Feijóo, despois SERVIGUIDE, mediante encadeamento de varios contratos menores. Nestes contratos aparece unha anulación, unha declaración de deserto e unha adxudicación final de 3 meses por 40.000€ nun contrato menor formalizado o 1 de marzo.
Como está traballando logo este persoal cuxa existencia recoñece a propia Xunta na prensa cando só estaban amparados no papel por 3 meses? Pois fácil, vai o 14 de xuño e publícase no DOG un anuncio de contratación urxente de servizo de apoio á tramitación de expedientes de arbitraxe de consumo relacionados coa comercialización das participacións preferentes e obrigas subordinadas.
O importe deste novo contrato sería de 150.593,94 € sen IVE e o prazo de execución sería de 9 meses. Un prazo de execución de 9 meses cando se supón que os traballos de arbitraxes rematarán a mediados de agosto!?
Se entramos na profundidade do contrato contemplamos que este servizo prestarase nas dependencias do Instituto Galego de Consumo en Santiago de Compostela, algo que a Xunta coñece ben xa que centenares de casos coma este remataron en sentenzas de cesión ilegal. O equipo estará composto por 3 Licenciados/as en Dereito, 1 Lic. en Administración e Dirección de Empresa ou Lic. Dereito e 2 Administrativos/as, perfiles todos dispoñibles nas escalas e corpos de persoal funcionario, pero claro, hai que ir buscalos fóra porque así pode seleccionar á Xunta aos que son do seu gusto para un tema politicamente tan sensible.
Vai ser que ao mellor van realizar funcións para as que o persoal funcionario non ten nin idea. Pois tampouco: na descrición do servizo atopamos tarefas como: recepción, ordenación e clasificación dos expedientes, comunicacións afectados, apoio laudos, control e seguimento.

Atención ao consumidor
O normal é que a atención e información dunha unidade administrativa sexa realizada por empregadas ou empregados públicos. Pois ben, en Consumo chégase ao extremo de privatizar tamén o servizo de atención telefónica en todo o país e a atención presencial nas súas oficinas centrais e, canto menos, na Coruña, Ferrol e Vigo.
Tal e como está a distribución do contrato nas oficinas de servizos centrais podería haber entre 4-5 persoas tituladas en Dereito facendo funcións adicionais de teleoperador/as. A contrata actual que se formalizou o 1 de abril por valor de 169.000€ durante os próximos 12 meses levaa BALIDEA CONSULTING & PROGRAMING, S.L. se ben en contratos anteriores figuraba, de novo, EULEN.

Xunta Arbitral de Consumo
Algo tan transversal no Instituto de consumo como a Xunta de arbitraxe debería contar de xeito permanente cos recursos humanos propios pra desenvolver correctamente as súas funcións. Pois ben, quitando as funcións da presidencia e secretaría que a norma reservan especificamente para persoal funcionario, neste instituto contan canto menos con 3 asistencias técnicas, segundo o papel, para apoiar e asesorar a Xunta Arbitral. Neste asesoramento e segundo a contrata hai 2 persoas licenciadas en Dereito e 1 administrativo/a, perfiles para os que tamén existen escalas de persoal funcionario na Xunta.
Curiosamente a cantidade destes contratos é sempre inferior aos 60.000€ para cociñalo mediante negociado sen publicidade. A última renovación foi en xaneiro coa empresa de curioso nome CENTRO DE ATENCION DE LLAMADAS S.A

Escola Galega de Consumo
Froito da modificación da estrutura do Instituto Galego de Consumo crease formalmente esta Escola, se ben xa existía unha contrata anterior para facer estas funcións de carácter educativo e divulgativo en temas de consumo. Denunciado pola CIG cando se publicou a convocatoria da contrata, realmente trátase de contratar a 3 persoas para levar o día a día das actividades. A contrata actual lévaa PROSEM CONSULTORÍA ESTRATÉGICA S.L. e formalizouse o 1 de marzo por valor de 58.000€ ata finais de 2013.
Cóctel privatizador
Aquí non hai austeridade que valga senón un cambio político de modelo de Administración: traballadoras e traballadores de empresas privadas facendo o traballo propio de empregadas e empregados públicos. Non se trata de enfrontar a clase traballadora senón de defender un modelo de Servizos Públicos nos que gañe a cidadanía. E cun modelo de Servizos Públicos prestados de xeito directo gaña a cidadanía en control, a través do acceso ao emprego público, pero tamén a través da garantía de confidencialidade respecto dos seus datos persoais, e a través da profesionalidade (e non precariedade) e da imparcialidade e independencia que só pode garantir unha empregada e empregado público.
O resultado de todo este cóctel privatizador é que nun ente tan pequeno como o Instituto Galego de Consumo, no que traballan 28 empregadas e empregados públicos, temos entre 15-16 asistencias técnicas. Os datos están aí, a vista de todo o mundo, son públicos. Non chegamos pois a comprender se esta é a racionalización á que se refería Alfonso Rueda ou a directora de Avaliación e Reforma Administrativa da Xunta no Foro Galego organizado por un coñecido xornal da capital galega a finais do mes pasado. E cremos polo tanto que lle deben unha explicación ao colectivo de persoal funcionario, en particular, e á cidadanía galega, en xeral.

Chamamento ao persoal funcionario a denunciar
Por último, a sección sindical de persoal funcionario de Servizos Centrais fai un chamamento ao persoal público a que defendan o seu posto e a súa condición de funcionarios/as e acheguen datos concretos que servan para completar estas privatizacións, como se fixo vai pouco en Medio Ambiente. Só así podemos seguir denunciando os números exactos de asistencias técnicas, con nomes e apelidos, contratadas pola Xunta para facer o noso traballo e facer valer estas denuncias, baixo a unidade, nos ámbitos oportunos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario