Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 1 de abril de 2025

O TRÍO DA VERGOÑA: RUEDA, VÁZQUEZ E LORENZANA

 

Lembren estes nomes: Alfonso Rueda, Anxeles Vázquez e María Jesús Lorenzana. O tres forman o que o outro día, na Pobra do Caramiñal, chamábase o trío da vergoña.

Rueda parece un neno caprichoso que non sabe dar o seu brazo a torcer. Aínda que as galegos e galegas digamos ALTRI NON e MINA DE TOURO NON, por miles, por centos de miles, el fai oídos xordos e sigue enrabietado. As outra dúas, Ánxeles e María Jesús, son coma as familiares compracentes que lle rin as gracias ao neno caprichoso.

Todo isto estaría moi ben e sería moi divertido se nas mans dese home e desas mulleres, non estivera o futuro da Galicia. Un futuro que está comprometido por un empeño que ninguén entende, nin sequera os/as seus/súas compañeiros/as do PP. O que escribe tivo a oportunidade de falar con moitos, pero, aínda que comprenden e están de acordo coas persoas que loitamos contra ALTRI e a MINA DE TOURO, ninguén o di en alto, aínda que vin a varios/as deles/as na manifestación.

O trío da vergoña escúdase en que tivo maioría nas pasadas elección xerais.

Pero señor Rueda, señora Vázquez, señora Lorenzana, ter maioría non significa facer o que lle dea a gana. Cando votou, a xente non coñecía este proxecto destrutor, non sabía a que viña encima, todos e todas ignorábamos de que se trataba. Ademais, non pode impoñernos un modelo destrutivo e neocolonial que irá moito máis aló dos catro anos do seu mandato.

Que lastre tan grande para o país ter un presidente que non sabe dicir non a unha multinacional para defender o seu pobo.

Que pesadelo ter unha conselleira que di que as manifestacións contra Altri son “o comunismo do século XXI”.

Que terrible ter outra conselleira que di que non importa que haxa contaminación no Ulla porque “ninguén bebe auga do río directamente”. A conselleira de medio ambiente, non sabe de medio ambiente!!

Que mágoa ter un político e dúas políticas que lles importan máis outros intereses (estraños intereses, sospeitosos intereses) que a súa terra.

Que pena que teñamos que estar manifestándonos un día si e outro tamén para dicir non a ALTRI e a MINA DE TOURO, como se non tiveramos outra cousa que facer

E, ademais, o inefable Alberto Pazos, portavoz do trío da vergoña di, coas súas palabras, que somos parvos. Do ínclito personaxe temos que escoitar que as 20.000, 50.000, 100.000 persoas que nos manifestamos en Palas de Rei, en Pobra do Caramiñal e en Compostela, estamos manipuladas, somos manipuladoras ou estamos politizadas. Madriña!

O Consello da Cultura galega está manipulado, os/as mariñeiros, mariñeiras, mariscadores e mariscadoras están manipulados e manipuladas. Os/as agricultores/as, granxeiros/as e demais traballadores/as do campo están manipulados e manipuladas. As asociacións da terra, ecoloxistas, culturais e produtivas, están manipuladas. As centenas de miles de galegos e galegas que nos opoñemos a ALTRI e a MINA DE TOURO estamos manipulados e manipuladas. Só vostedes, señor Rueda, señora Vázquez e señora Lorenzana, que son o máis listos do mundo, saben a verdade. Os demais non sabemos ler, nin entender, nin pensar.

Por favor, que falta de humildade, que prepotencia, que insulto para todos e todas nós!!!

O que Rueda e a súas conselleiras non entenden é que para nós Galicia é importante. Non queremos que a terra que pisamos estea contaminada pola choiva ácida, non queremos respirar químicos contaminantes en canceríxenos, non queremos que os ríos e as rías morran polo seu capricho e polos interese dunha multinacional que non queren en Portugal e que está chea de multas por non cumprir coa normativa ambiental.

A historia repítese unha vez máis, pero con outros nomes e outros/as protagonistas. Homes e mulleres sen escrúpulos queren espoliar unha terra chea de biodiversidade e riqueza real e sostible para o seu propio beneficio. É unha historia que pasou en moitos lugares do mundo: América, África, Asia, e que está a pasar agora na Galicia. Pero sempre haberá mulleres e homes que loitaran polos seus dereitos. Que loitarán contra o comportamento covarde e interesado do trío da vergoña: Rueda/Vázquez/Lorenzana.

Dende aquí vou facer unha proposta a ese trío ao que, de momento, considero vergoñento: fagan unha consulta popular para saber o que quere o pobo galego. Pregunten a xente o que desexa de verdade. Se prefiren un proxecto extractivo e neocolonialista ou un modelo de país sostible onde todos e todas teñamos o noso lugar. Unha decisión deste tipo non poden tomala vostedes por se mesmos porque hipoteca o noso futuro durante décadas. Os nenos e as nenas que veñen tamén teñen dereito a unha terra limpa, un aire limpa, un auga limpa, e a un desenvolvemento sostible. Se o fan, se convocan un referendum, comprométome a rectificar as miñas palabras, a pedir desculpas sinceras e a aceptar o resultado da consulta

É a hora dos galegos e galegas que aman en defenden a nosa terra.

Os/as traballadores/as da Xunta de Galicia temos que estar aí, en primeira liña. Tamén é a nosa responsabilidade. Que non nos fagan estar calados.

A CIG e a min, non nós calará ninguén.

Ningún comentario:

Publicar un comentario