A CIG denuncia que se dedican 2,7 millóns de € para a xestión privada de residencias de maiores, mentres os centros públicos sufren continuos recortes.
Beatriz Mato publica hoxe no DOG os convenios con residencias privadas mentres manten en ceo o incremento de prazas en residencias públicas da Xunta de Galiza.
O
DOG do LUNS 18 DE AGOSTO DE 2014, publica o anuncio de
contratación de xestión de servizos públicos para a reserva e ocupación
de prazas residencias para persoas maiores en centros privados en
diversos concellos de Galicia. O orzamento da licitación é de 690.044
euros que supon a ampliación dos concertos con residencias privadas e
supón un desembolso do erario público, isto é dos cartos de todos os
cidadans, de 2,7 millons de euros no ano 2014.
Beatriz
Mato, esta finalizando durante este verano de 2014, a folla de ruta de
traspaso ás empresas privadas da atención ás persoas maiores en
situación de dependencia e que necesitan o seu ingreso nunha residencia
de maiores. En pleno mes de agosto a consellería de Traballo e
Benestar pública unha resolución pola que se engorda a subvención para
prazas en residencias privadas, de tal xeito que queda no olvido
a creación de prazas en residencias públicas, nas que dende o 16/11/2007
que se inaugurou a Residencia de Maiores de Volta do Castro en
Santiago non se levou adiante nengún incremento de vacantes, co que se
consolida durante todo o mandato de Beatriz Mato a política de
incremento cero en prazas para persoas maiores en residencias da
Xunta de Galicia. Engordandose o lucro e beneficio de empresas privadas
no negocio de atención ás persoas maiores e facendo imposible que as
residencias públicas poidan atender a demanda de miles de persoas
dependentes que reclaman ser atendidos en centros públicos.