En 7 anos que aumentou a administración dixital, a Xunta non fixo a penas cambios na Orde de xornada laboral, teletraballo e flexibilidade
Ano 2012: daquela o Goberno da Xunta gustaba de empregar "racionalizar" e "modernizar" como sinónimos de recortes nos servizos públicos e/ou privatizacións. O moderno e o racional era despedir xente, non cubrir xubilacións, pagar por enfermar, ter menos días de vacacións e por suposto, cobrar menos e baixar impostos.
Ano 2013: nun acerto serodio, aínda que con importantes eivas que fican sen solucionar a data de hoxe, aproban a Orde de xornada laboral, flexibilidade e teletraballo, no que por fin "moderno" equivalía a "conciliación persoal, familiar e laboral" e algo favorábel para a clase traballadora que somos.
Desde o 2013 ata o 2020 pasaron xa 7 anos e moitos cambios na actividade productiva da Administración xeral da Xunta de Galiza coa introdución de diversas ferramentas de tramitación electrónica, coroados coa publicación en xullo de 2019 da Lei de administración dixital que vén sentar as bases xurídicas dunha Administración galega dixital plena, alomenos, nos servizos que non implican atención presencial obrigada.
Pois ben, en 7 anos, non se tocou nada nin ámbito de aplicación, nin xornada (ulas 35h?), nin efectos sobre as RPTs, nin do teletraballo e escasamente da flexibilidade, permitindo tamén os venres pola tarde. Tivo que vir o coronavirus para recordarlle ao Goberno galego un dos aspectos positivos do teletraballo.
A administración dixital (e consecuente aumento da produtividade) ten que implicar necesariamente unha redución da xornada laboral e dunha universalización do teletraballo para postos que non conleven atención presencial. O contrario sería unha fraude para os nosos dereitos laborais. A parte dos efectos sobre a conciliación están outros efectos beneficiosos para a sociedade tamén como o aforro enerxético ou aforro de recursos públicos.
Punto e a parte está o feito de que xa hai 600.000 empregadas e empregados públicos autonómicos en todo o estado español coas 35h semanais universais e aquí, de parias, inda sen desenvolver o acordo das 35h previstas só para horarios especiais ou a quendas en base ao famoso acordo de DESconcertación social. Ata cando seremos traballadoras e traballadores públicos de segunda?
Finlandia e Xapón, estados con índices de natalidade semellantes a Galiza, marcan o camiño en canto ás políticas efectivas de conciliación e polo tanto dun verdadeiro impulso demográfico, que defendemos como sindicato nacionalista e de clase tamén na Administración pública galega que debera dar exemplo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario