Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 11 de marzo de 2020

EGAP - convocadas actividades formativas para preparación promoción interna (con medios propios parece ser)

No DOG núm. 48 Mércores do 11 de marzo de 2020 publícase a RESOLUCIÓN a convocatoria de actividades formativas en liña de apoio á preparación das probas selectivas para o acceso, pola quenda de promoción interna, a diversos corpos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ofertan catro actividades formativas dirixidas, cada unha delas, a apoiar a preparación das probas selectivas para o acceso, pola quenda de promoción interna, aos corpos superior, subgrupo A1; de xestión, subgrupo A2; administrativo, subgrupo C1; e auxiliar, subgrupo C2 da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo.
Pode participar unicamente o persoal empregado público que teña solicitado participar nas probas selectivas convocadas para o acceso aos corpos indicados na base primeira pola quenda de promoción interna e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse no prazo de sete días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Formulario de matrícula dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula

Será seleccionado para participar nas actividades convocadas mediante esta resolución todo o persoal empregado público que teña solicitado a participación nas probas selectivas para o acceso aos corpos indicados na base primeira desta resolución. Esta relación será contrastada coa información que facilite a Dirección Xeral da Función Pública.

Con medios propios

Despois da desfeita da convocatoria anterior na que unha empresa privada do sector se encargou desta tarefa, e en base ás continuas queixas da CIG; a propia EGAP vai organizar a preparación con persoal propio, pertencente aos diferentes departamentos da Administración que teñen competencia nos temas que forman parte dos diferentes temarios de cada grupo.

Tamén se nos dixo que ían a permitir a todo o persoal matriculado na PI (independentemente se foi admitido ou non ) que acceda á formación mais esto xa vemos na convocatoria que non é certo. Así que non sabemos se tamán van incluír a preparación de casos prácticos, como prometeron, cousa moi demandada polo persoal opositor. Favorecerán os textos en galego, parece ser que sempre que haxa texto consolidado e con versión galega oficial. Agardamos tamén que a interacción por parte dos docentes sexa  en lingua galega, cousa que comprometen a recordarlle ao persoal que imparta a formación.

O que non farán será a preparación dos temas para aqueles grupos (como A1) que o teñan na convocatoria. Iso xa llo deixan ás academias... Temas abertos, corrección máis subxectiva, por outra banda.

Na CIG seguimos reclamando unha preparación de calidade e unhas convocatorias equilibradas e homoxeneas en comparación con un ou outro ano e con oposicións dos subgrupos semellantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario