Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 9 de marzo de 2020

O concurso xeral suspendido polo coronavirus ou que?

Semella esta a única medida implantada polo Goberno da Xunta con relación a este tema ou non, tampouco se pronuncia nin sobre o concurso nin sobre o plan fronte o coronavirus nos propios centros da Xunta, que son moitos.

O concurso xeral convocouse a finais de novembro e a día de hoxe aínda non se abriu nin o prazo para solicitar os postos. Semella pois que o concurso permanente era eso, vivir nunha situación permanente de espera polo concurso.  Dende a CIG xa denunciamos varias veces a deixadez destes máis que malo, os siguinte, director da Función Pública Galega cos dereitos dos traballadores e traballadoras desta administración. Neste caso vamos falar do dereito a movilidade e a carreira profesional a traves do concurso. 


Este negado xestor de Función Pública deixou pasar xa o prazo de dous anos que era o que viña sendo habitual para convocar o concurso e que non concursaran as persoas que xa o habían feito no anterior... de isto vai para cinco anos dende que se convocou o concurso anterior (maio de 2015), moitas e moitos xa non vos lembraredes, e que se resolveu, pois foi en xullo de 2016, aínda que a toma de posesión quedou diferida e foi para outubro do 2016; disto vai para catro anos en breve, como di o director xeral da Función Pública cando se lle pregunta por este, ou calquer outro tema de dereitos dos traballadores, que se solucionará en breve. Dende a CIG xa pedimos a sua dimisión varias veces e esperamos que en breve se vaia, o teremos que botalo entre tódolas e tódolos galegos nas vindeiras eleccións o parlamento de Galiza.

O tema é que este concurso xa empezou, o aínda non empezou, porque non se abriu o prazo para solicitar postos, nin se publicaron os das resultas, nin os das últimas incorporacións das RPTs. Isto vai por fasciculos e parece que vai a tardar máis que Benito Perez Galdos en escribir as 46 novelas dos Episodios Nacionales. Este concurso é o primeiro que se fai así, por fasciculos, primeiro antes do verán do 2019 aprobaronse as bases do concurso, despois do verán aprobaronse os postos que ían sair, logo abriuse o buzón de postos e fixemos todos os axentes sociais alegacións, as que lle fixeron pouco ou ningún caso, e máis aínda estamos esperando que postos que consellarías ou axencias dixeron que iban amortizas e sacaronas xa en comisión de servizo, as amorticen. Logo, ala por finais do 2019 sacaron as bases do concurso para solicitar a participación neste, e a dia de hoxe 09/03/2020, estamos aínda esperando que abran o prazo de 15 días para poder solicitalos postos e que comencen a contar os prazos para resolvelo, segundo do director xeral de Función Pública os 6 meses, seica ten un programa que e non vai mais, e dio asi e queda tan tranquilo.

Semella que desde a corrección de erros de 3 de decembro ata o de agora non tiveron tempo abondo para meter os 12 postos vacantes creados polas RPTs publicadas en decembro. Iso si, non informan das vacantes por xubilación creadas ata o momento. Cal é o interese oculto en atrasalo? Porque a xente xa empeza a especular con todo.

Decir que no medio tivemos varias reunions co responsable ou irresponsable de Función Pública e comentounos que todo esto iba ser inmediato, que non nos preoucuparamos polo concurso aberto permamente que este concurso vaise resolver en menos de seis meses, pero como ten tanta cara, si levamos mais de catro anos e medio esperando dende o anterior concurso, tamen dixo, esto xa e de traca, que iban a meter máis postos, por o menos as vacantes ata o 31/12/2019, que xa o consultara os departamentos informáticos e que non había nengún problema, e nos preguntamos porque asta o 31/12/2019 e non ata o día que saquen os postos vacantes aumentados para solicitalo e dixo, sen escojonarse, que é para non coller moito máis retraso.

Este tema é impresentable, vos xuzgaredes os xestores cando vaides a votar, dende a CIG temos claro que os temos que BOTAR.

Ningún comentario:

Publicar un comentario