Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 12 de novembro de 2020

ANTINOVAS DE FUNCIÓN PÚBLICA

 Xa non lle podemos chamar novas pois son cousas sempre vellas (levan meses no tinteiro) e por riba sen solucionar, por eso elaboramos a nova acepción denominada Antinova que vai ser adxudicada no diccionario ao bon facer do señor Director xeral da Función Pública. Van esas antinovas:


* CONCURSO: Xa non podemos decir nada pois se nos revolve o estómago. O que está claro e que depende das tomas de posesión. Por certo seguen a sacar prazas da listaxe coa excusa de amortización e inmediatamente aparecen dadas en Comisión de servizo (señores de Turismo , entre outros, vai por vos).

* TOMAS DE POSESIÓN: Parece que van para adiante, pero agora está o follón de que non hai prazas para escoller (claro mestúraselle todo ao mesmo tempo: concurso, consolidación, estabilización, PI). E estamos a observar incrédulos como hai algunha organización sindical que ata propón sacar das listaxes as prazas cubertas por interinos. Como sigamos así imos ter que ofertar as prazas dos gabinetes....

* CONCURSOS DE CORPOS ESPECIAIS: Aparte do de gardacostas que están no allo, o resto virá para o ano que ven; ou sexa ide pensando no 2025 máis ou menos, visto o que pasou no Concurso xeral.

* CARREIRA PROFESIONAL: A cousa non pinta ben, pois seica non hai cartos e amáis temos as novas incorporacións das funcionarizacións; pero se recortamos as axudas a La Coz de Galicia. as externalizacións a mansalva (Tragsa, Tragsatec, Indra, e Boquete style) e as papatorias en San Caetano, igual temos xa algo no peto.

* COVID: Despois de varias denuncias a inspección de traballo xa sabemos que a Adminsitración ten que suministrarnos máscaras (ten de prazo ata decembro) e parece que vai xestionar unha compra masiva; pero seguimos con problemáticas como unha instrucción do uso da máscara no posto de traballo e da ventilación das unidades, así como unha implantación urxente do teletraballo COVID. Pero a esto último xa vimos na última reunión que o señor Barreiro dixo que non se ía implantar mentre a situación da pandemia seguira nestes termos (debe pensar  que é boa...)

*TELETRABALLO: Andamos a voltas coa nova regulación do teletraballo ordinario, e xa imos coa terceira versión. O texto mellorouse notablemente coa aportación das OOSS pero segue a ter certo sabor discrecional. Na vindeira semana aprobarase; e esperemos que se poida solicitar con celeridade.

* CONCURSO ESPECÍFICO: Pois aínda que pareza mentira existir existe, de feito xa se negociou alá polo ano 2018 pero debeuse meter nun caixón. Temos así centos de xefaturas de servizo aínda en comisión de servizo, que ben poderían deixar liberadas moitas prazas de nivel 25 para o concurso de méritos dos mortais.

* COMISIÓNS DE SERVIZO: Se un o pensa ben a Xunta é actualmente unha Gran Comisión de servizo, pois dado o bloqueo e retraso dos concursos, as comisións están todas nunha situación de ilegalidade, cruzándose e recruzándose para que non cante moito que pasan dos catro ou cinco anos. Onde está aquela tan demandada regulación obxectiva da concesión das comisións? Seguimos como na época Fraga, ou peor....



NOVAS SOBRE A CAFETERÍA DE SAN CAETANO

 Chegaronnos onte novas sobre a organización do servizo na cafetería de San Caetano que pasa ser a seguinte:

* Ampliase o servizo de comidas de 13 a 16 horas.

* Van a seguir tendo servizo de bebidas e cafés pero só para levar; non se vai permitir o consumo dentro do local.

Dende a CIG SSCC facemos un chamamento a todo o persoal para que sexa escrupuloso no cumprimento da normativa COVID , e facer dos edificios públicos un lugar o máis seguro posible;  a pesares da mala xestión interna da propia administración coa negativa a baixar as ratios de persoal nos seus departamentos.

Nesto temos que exceptuar e nos congratulamos delo á conselleríade Política Social que está a conceder gran cantidade de teletraballos e a comunicalos debidamente aos órganos de representación de persoal; parabéns (vedes,  cando o fan ben sabemos recoñecelo).

OS BUSES DA XUNTA: OU COMO SER UN COELLO DE INDIAS PARA SANIDADE

Segue día a día a vergoña de ver por un lado decenas de restriccións pola situación da pandemia no país, e polo outro ver chegar os buses da Xunta a Servizos Centrais repletos a máis non poder de persoal que ven de viaxar ata hora e media nun entorno sen ventilación onde a distancia e de ombreiro a ombreiro.

Amáis xa está recoñecida a infección por aerosois que fai moito máis perigoso os sitios pechados con acumulación de xente, que é xusto o que acontece nun medio de transporte.

A baixada de pantalóns cara aos servizos de transporte no DOG do pasado luns fai ver que interesa máis a saúde da conta bancaria de Raúl López que a saúde dos centos de traballadores que circulan cada día nos seus buses (e noutros).

E que fácil sería solucionar o problema, xa non pedimos que dupliquen buses, que ven o poderían facer, senón que fomenten o teletraballo dunha santa vez, co que se reduciría polo menos á metade a cantidade de xente viaxando e iso redundaría enormemente na saubridade da viaxe.

Pero como  temos xestores que seguen anclados na Adminsistración de 1980 e queren ternos a todas/os aquí xuntiños, da implementación do  teletraballo COVID nada de nada.

Polo de pronto xa hai sospeitas de contaxio nalgunha liña de bus, e a cousa non vai mellorar.

A nivel legal queda claro que a mesma Xunta está a incumplir a súa lexislación, pois o persoal público non ten reserva de asento, simplemente un dereito de uso a través dun bono, por eso denominamos a este servizo o infectódromo legalizado.

O que  propoñemos dende a CIG de SSCC e que todos os conselleiros/as e secretarios xerais a semana que ven viaxen , non no seu estupendo coche oficial, senón nos buses cos seus traballadores. Así terían conciencia do problema e igual o tentaban solucionar. Eso si sería dar exemplo............ pero esto non é Suecia.