E que fácil sería solucionar o problema, xa non pedimos que dupliquen buses, que ven o poderían facer, senón que fomenten o teletraballo dunha santa vez, co que se reduciría polo menos á metade a cantidade de xente viaxando e iso redundaría enormemente na saubridade da viaxe.
Pero como temos xestores que seguen anclados na Adminsistración de 1980 e queren ternos a todas/os aquí xuntiños, da implementación do teletraballo COVID nada de nada.
Polo de pronto xa hai sospeitas de contaxio nalgunha liña de bus, e a cousa non vai mellorar.
A nivel legal queda claro que a mesma Xunta está a incumplir a súa lexislación, pois o persoal público non ten reserva de asento, simplemente un dereito de uso a través dun bono, por eso denominamos a este servizo o infectódromo legalizado.
O que propoñemos dende a CIG de SSCC e que todos os conselleiros/as e secretarios xerais a semana que ven viaxen , non no seu estupendo coche oficial, senón nos buses cos seus traballadores. Así terían conciencia do problema e igual o tentaban solucionar. Eso si sería dar exemplo............ pero esto non é Suecia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario