Chegaronnos onte novas sobre a organización do servizo na cafetería de San Caetano que pasa ser a seguinte:
* Ampliase o servizo de comidas de 13 a 16 horas.* Van a seguir tendo servizo de bebidas e cafés pero só para levar; non se vai permitir o consumo dentro do local.
Dende a CIG SSCC facemos un chamamento a todo o persoal para que sexa escrupuloso no cumprimento da normativa COVID , e facer dos edificios públicos un lugar o máis seguro posible; a pesares da mala xestión interna da propia administración coa negativa a baixar as ratios de persoal nos seus departamentos.
Nesto temos que exceptuar e nos congratulamos delo á conselleríade Política Social que está a conceder gran cantidade de teletraballos e a comunicalos debidamente aos órganos de representación de persoal; parabéns (vedes, cando o fan ben sabemos recoñecelo).
Ningún comentario:
Publicar un comentario