Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 13 de setembro de 2022

A Xunta aproba o Decreto de Mobilidade: Unha oportunidade perdida, vai seguir o enchufismo

 

A Xunta de Galicia publicou o luns 12 no DOG o Decreto que vai regular a mobilidade do persoal da Comunidade autónoa  e dos entes instrumentais. Trátase dun decreto marco que dá as pinceladas básicas para os concursos, e que terán unha concreción maior nas convocatorias propias. Decir que este Decreto fora supostamente negociado no ano 2019 , sen aceptar case nengunha achega sindical e agora tres anos máis tarde aprobado  case ás agachadas. Os puntos máis importantes refírense a : 


  • CONCURSOS: Trata de alixeirar a carga de baremación; dividida en méritos necesarios (antigüidade, galego, traballo desenvolvido) e méritos optativos (carreira profesional, formación, titulación, reunificación familiar, áreas funcionais). A esixencia que fixemos da convocatoria regular queda nun pequeno brinde posibilista "procedementos abertos e permanentes" pero sen datas concretas. Seguen permitindo renunciar antes da toma de posesión se consigues outro posto (apalancamento coas Lds).

    As resolucións "deberán facerse no prazo de 6 meses", nada de obrigacións. Tal como foi o último concurso da administración xeral e con todos os corpos de especiais á espera, case sona a cachondeo 

  • CONCURSO ESPECÍFICO: Nova modalidade e verdadeiro motivo deste Decreto; regula a provisión dos postos  de Concurso específio (CE) que xa veñen así definidos  nas Relacións de postos de traballo, que son basicamente os de xefatura de servizo, direccións de centros externos e habilitacións. . As OOSS non estarán presentes na Comisión de Valoración non sexa que lle destapemos os chanchullos. Cada cinco anos voltarase a valorar ao persoal para poder continuar ou cesar. A CIG segue a apostar polo concurso de méritos para todas estas prazas. Cabe destacar que hoxe en día todas estas prazas (son centos) están en comisión de servizos irregulares pois superan con creces os dous anos de mandato.

  • LIBRE DESIGNACIÓN: Reservada para os postos de Subdireccións e vicesecretarías, así como para as secretarías de altos cargos e outros postos que así o determine. Non achega nengunha transparencia ao proceso de elección que segue a ser moi oscurantista.

  • COMISIÓNS DE SERVIZOS: É neste eido onde se ve a verdadeira vocación da Administración (que o importante non cambie). Non se toca nada en absoluto, seguiremos tendo comisións eternas, pois valida a posibilidade de superar en varios casos  os dous anos como máximo de nomeamento nunha comisión. Dous anos que por experiencia sabemos que se superan amplamente en case todos os casos. Amáis non garante para nada a concesión pública, baremada e transparente.

  • PERMUTAS: Regulaas pero só entre persoal funcionario de carreira, non queren saber nada das permutas entre persoal interino como fai Ensino. Con uns condicionantes  de cinco anos de servicios prestados que non compartimos.

  • OUTROS: Regula tamán a ascrición provisional nouras AAPP, por motivos de saúde, traslados por violencia de xénero. Por último meten de calzador a estruturación das áreas funcionais.


Ningún comentario:

Publicar un comentario