A Administración tráenos un acordo para “negociar” coma se fora algo novo e non existira unha orde de carreira anterior
A proposta de Función Pública constitúe unha fraude dirixida a evitar o cumprimento das sentenzas gañadas pola CIG e que supoñen que todas as persoas empregadas públicas, se cumpren os requisitos, deben ter dereito á carreira profesional.
Despois de que a Xunta perdese todas as demandas que levamos adiante e de que tanto o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza como o Tribunal Supremo lle deixasen as cousas claras, nun exercicio de malabarismo quere facernos crer:
1. Que se “confundiran coa terminoloxía” e na vez de negociar daquelas un acordo para introducir unha “carreira administrativa”, fixeron un acordo sobre a carreira profesional, publicando varias veces a “confusión” no DOG. Pretenden, a ver si cola, que o acordo que fixeron con CCOO e UGT non existe e polo tanto non se derivan dereitos del.
2. Que o grao II se inicia agora de novo, cando está contemplado no acordo anterior con datas concretas e que non quixeron desenvolver cando non había nin sentenzas nin nada que llo impedira. E agora queren que os subgrupos C1, C2 e AP perdan 18 meses de grao II e os A1 e A2 6 meses, sinxelamente porque eles non quixeron convocar a orde de acceso ao grao II e CCOO e UGT escolleron non esixir o cumprimento do acordo para facer campaña contra a CIG.
3. Que como os tribunais recoñeceron a carreira profesional para o persoal laboral, e iso era unha “confusión”, esta nova “carreira administrativa” e non profesional, mantén a exclusión directa de todo o persoal laboral.
4. Que temos que consolidar algo que xa estaba consolidado (o grao I extraordinario).
E que imos facer nós?
Dende logo non imos aceptar alegar a un acordo de “carreira administrativa” cando o que teñen é que executar o acordo de carreira profesional. Non vale facer de avestruz e meter a cabeza no buraco negando a existencia dun acordo de carreira profesional no que os tribunais, como nas leiras, moveron os marcos, co que AMPLIARON os efectos...
O que imos facer é esixir que cumpran, que paguen o grao II con efectos retroactivos, e que fagan a extensión a todas as persoas empregadas públicas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario