Os acordos de concertación social entre a Administración e os sindicatos estatais vinculaba por primeria vez os nosos soldos ao PIB nacional e non ao IPC como era costume.
Dende a CIG viamos un perigoso antecedente ao poñer en risco o equilibro entre suba de prezos e revalorización dos salarios, e iso que naqueles anos 2018/2019 no se vía vir a crise que estamos a padecer actualmente.
Así negociaronse incrementos fixos da orde do 2% cuns posibles complementos baseados nunhas variables (PIB, débeda pública) que xa non se van dar.
Pero claro, o aumento dos prezos rolda todos os meses deste ano 2022 o 10%, e con seguridade pechará o ano por riba do 8%, e con iso ninguén contaba cando se pechou ese mal acordo.
En resumo, temos que ser quen de darlle a volta a este acordiño e por enriba da mesa subas de soldos para o ano 2023 que compensen polo menos en parte a perda tremenda de poder adquisitivo do persoal funcionario. Estamos a falar dunha suba que como mínimo iguale a alza dos prezos.
Amais queremos que se desatasque a carreira profesional, verdadeiro timo deste goberno xunteiro que asina acordos que nin sequera é capaz de cumplir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario