Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 14 de setembro de 2022

Onde está a Carreira profesional na Xunta de Galicia?

A Carreira profesional na Xunta é un tema que roza a ignominia.

Despois dunha negociación express no ano 2019, impulsouse unha carreira profesional que non contou co apoio deste sindicato, pero que se instaurou.

Chegou a pandemia e por motivos económicos paralizouse todo, a xente que tiña que comezar a consolidar o grao II quedou empantanada e os que tiñan que comezar a cobra o grao I, o mesmo.

Amais, a CIG denunciou a ilegalidade de deixar aos compañeiros/as temporais fóra do acordo e gañou, pero esto non era óbice para modificar o acordo e avanzar no mesmo.

A Carreira profesional, a día de hoxe, sabemos que foi unha quimera que se montou a Xunta de Galicia para convencer ao persoal laboral para a súa funcionarización, porque senón non se explica a paralización.

Neste ano asistimos a sintura dun novo Acordo, agora chamado de "carreira administrativa" para burlar as sentenzas de aplicación sobre a carreira profesional. Pero nen sequera ese novo acordiño se pon en marcha e os miles de funcionarios/as desta Administración seguimos a esperar con cara de idiotas por un complemento que si teñen desenvolto os compañeiros do Sergas e de Xustiza.

E todo isto na situación de perda de poder adquisitivo enorme que estamos a sufrir as traballadoras e traballadores públicos dende hai anos, pero que se recrudece neste 2022 pola inflación galopante dos prezos.

Pero parece que agora mesmo esto non interesa, non interesa promocionar profesionalmente ao persoal e garantirlle dereitos salariais, interesa máis arranxar o do concurso de méritos, ou os enchufes das comisións de servizo e o concurso específico; ou mesmo cambiar de coches no parque móbil.


Ningún comentario:

Publicar un comentario