Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 28 de outubro de 2022

EXIXIMOS A FUNCIÓN PÚBLICA CONCURSO ABERTO E PERMANENTE XA!


Dende CIG-Servizos Centrais decimos que os concursos de traslados na Xunta de Galicia son eternos, de feito en algunhas escalas só se fixo un dende que existe a Xunta de Galicia, e non falemos do concurso específico que inda nunca se convocou, e vai por o camiño de quedar nun proxecto máis das ideas da Función Pública Galega, como o da carreira administrativa horizontal.

Se falamos do concurso da administración xeral este convocase, pero con nivel de incumprimento de prazos, que nadie o entende. Cando era manual en menos de dous anos estaba convocado e resolviase en menos de un ano, e dende vai uns dez anos cando esta informatizado, convocarosen e resolveronse dous, en uns prazos medios de cinco anos por concurso, facilitando o funcionario todolos datos para a súa resolución, e pensamos que as convocatorias van a ir a peor.

Lonxe queda, pois fai mais de cinco anos, cando o director Xeral da Función Pública, e o mesmo director que esta hoxe na Función Pública Galega, prometeunos que se convocaría un concurso anual ou semestral ata que se puxera en marcha o concurso aberto permanente, dixonos aos representantes dos traballadores, que xa estaba licitado e que AMTEGA se estaba encargando da parte técnica. Seríamos unha administración pioneira nisto, en eses tempos, ahora xa non, adiantaronos outras administracións que teñen instaurado o concurso aberto e permanente como por exemplo https://www.elperiodicodearagon.com/aragon/2022/10/13/dga-plazas-funcionarios-concurso-meritos-empleo-publico-77200503.html .

Ademais, para solucionar a demora dos concursos creouse un novo servizo en Función Pública, como non o servizo de Concursos, coa única finalidade de xestionar a axilidade e funcionalidade dos mesmos; pero isto no foi así, cal é exactamente as funcións desenvoltas nesa praza?, quen asume as responsabilidades?, foi so para colocar a alguén ahí, lembramos que a primeira persoa que estivo nesa praza, por certo en comisión de servizos, nen tiña nen os requisitos mínimos exixidos para desempeñala.

Así mesmo levamos anos esperando, pola concreción do concurso específico e poder liberar dunha vez as prazas nivel 25 que reteñen moitos traballadores que estan en prazas de nivel superior.

Mención aparte é o acto  manifestamente irregular, e pensamos que ilegal, de retirar prazas do buzón de postos, do concurso xeral, coa escusa da súa amortización ou modificación, e que ao final resultan prazas para os amigos, pois inmediatamente son convocadas en comisión de servizos. Outra tiquiñuela e ocultar prazas por parte dos departamentos de persoal, sobre todo seccións e negociados, e que están no mercado "negro" o directamente no mercadeo das comisións de servizo, comisións moitas veces ilegales, donde se superan os prazos máximos, se cruzan os comisionados...e por suposto as prazas non se adxudican o candidato idoneo, se non o que o xefe de turno lle goste máis, co consintimento da Función Pública, que sempre di que non se entera, e que non quere modificar a lexislación neste tema, non vaia a ser... nos, imos acometer todas as accións que teñamos na nosa man, tanto legais como sindicais para cambiar esta situación a todas luces vergoñenta.

Esiximos que todos os concursos de traslados convoquen e se resolvan en menos de un ano, como xa asegurou o responsable de Función Publica en reiteradas ocasións, ata que se instaure o sistema de concurso aberto e permanente como xa se fixo en outras administracións, que evitaría a maioría das comsións de servizo, e o seu mercado "negro".

Esiximos que non se detraigan as mellores prazas, nen se escondan, con disculpas peregrinas, porque así, non se pode ter unha verdadeira carreira administrativa na administración da Xunta de Galicia.

Dende a CIG, queremos unha administracción moderna e eficaz, non unha administración caciquil e sumisa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario