Os criterios de bases para os procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021 van ir á Comisión de Persoal xunto coa carreira profesional o venres 28 de outubro, despois de pasar primeiro por Mesa Xeral de Empregados Públicos, tras a solicitude da CIG para intentar aportarlle melloras.
O último borrador de criterios de bases xerais para as convocatorias de estabilización trae, de novo, cambios sen explicación. E xa van 6 borradores diferentes con vai e ven en puntuación nos méritos, engádegas e incluso volta atrás en cuestións xa acordadas. Ante esta situación na CIG esiximos que se trate previamente na Mesa Xeral de Empregados Públicos para intentar mudar a posición da Función Pública naquelas cuestións que son lesivas para o persoal.
Criterios para as bases de estabilización
En resumo a día de hoxe o que hai no borrador de Función Pública para a Comisión de Persoal:
- Méritos ata a data da convocatoria.
- Valoran os servizos prestados de vinculación temporal.
- O coñecemento da lingua galega será requisito. Se non ten Celga, exame previo tipo test, equivalente a Celga e eliminatorio.
- Valóranse categorías e escalas equivalentes. Ademais integradas, refundidas ou sucesivas (por extinguidas ou en proceso): recolleranse de xeito específico en cada convocatoria.
- Desempate: 1º) infrarrepresentación muller no seu caso; 2º) maior tempo de servizos prestados escala/categoría administración convocante; 3º) maior tempo de servizos prestados noutras categorías/escalas da administración convocante; 4º) maior idade; 5º) sorteo. No concurso-oposición: o segundo desempate será a maior puntuación na fase de oposición.
- No concurso-oposición (60 oposición-40 concurso):
- Un exercicio C1, C2 e AP; e máximo dous para A1 e A2. Preferentemente tipo test.
- Non hai autoavaliación.
- Distribución de 30 (experiencia)-10 (outros méritos).
- O tempo traballado terá dúas valoracións diferentes: na administración convocante na categoría/escala, con 0,25 ptos/mes; e outras administracións, con 0,125 ptos/mes. Anos para o máximo: 10.
- O valor da formación na lingua galega e linguaxe administrativa volve a puntuación de partida cun máximo de 2,5 puntos
- No concurso:
- Autoavaliación dos méritos nos procesos da Dirección Xeral da Función Pública (resto opcional).
- O tempo traballado (70 puntos): na administración convocante na categoría/escala, 0,30 ptos/mes; diferente á convocante, 0,15 ptos/mes (proporción 2-1).
- Outros méritos (30 puntos):
- Formación: ata 17,5 puntos, mínimo 8 horas/curso, 0,04 ptos/hora (máximo con 437,5 horas).
- Grao coñecemento da lingua galega: ata 5 puntos.
- Exercicios aprobados coa fase de oposición rematada con data posterior ao 1.01.2002: máximo 7,5 puntos, 2,5 puntos por exercicio ou proba superada. Nas escalas ou categorías que non houbo acumúlase na formación (apartado de formación específica). Non puntua o exercicio de galego, probas psicotécnicas ou físicas.
Como novidade din que valorarán os servizos prestados en encomendas de xestión nas entidades instrumentais; mais deben aclaralo, pois xorden interpretacións.
O que non aceptan:
- Valorar tamén os servizos prestados en diferente categoría/escala na administración convocante.
- Compensar o tempo de inactividade obrigada do persoal fixo-descontinuo.
- Aclarar que vai pasar coas prazas de fixos descontinuos de 6 meses. Como lle van valorar o tempo traballado en SEAGA a este persoal?
- Reducir o peso da formación e introducir neste baremo as titulacións.
- Valorar exercicios superados en procesos superados como temporais, reducir a puntuación e eliminar o límite de tempo.
- O peso da experiencia profesional na administración convocante e o intervalo con respecto a outras administracións é insuficiente.
- Aclarar onde, como, a quen e por que van valorar servizos prestados en entes instrumentais por que é unha novidade que non xustifican.
Ningún comentario:
Publicar un comentario