Tras repartir o folleto das retribución 2022 polos centros físicos, deixamos aquí a versión dixital para a súa consulta. Aproveitamos para informar mais non sen reivindicar a recuperación da perda do poder adquisitivo e as 35 horas semanais.
Unhas retribucións para 2022 que contemplan unha suba do 2% que xa se comeu a suba interanual actual do 7% do IPC (e o que virá) por se xa non era pouca a perda de poder adquisitivo acumulado desde 2010. Recordamos que seguimos coas pagas extras recortadas (entre outros dereitos) que suma un 5% de recorte adicional. E pasou a crise financeira e así seguimos. Temos que poñer de actualidade aquel mítico lema da CIG de "as pagas extras querémolas completas!".
Pero é que se non for pouco, seguimos coa mesma xornada de 37,5h semanais desde vai 40 anos a pesar do aumento da produtividade froito da implantación da Administración dixital estes últimos anos. É cuestión racional e de conciliación reducir xa o tempo de traballo pois senón o que están facendo é devaluar aínda máis o noso salario. De novo, temos que poñer de actualizade outro mítico lema da CIG de "polas 35h semanais!".
Ningún comentario:
Publicar un comentario