Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 4 de abril de 2023

Fondo de Acción Social para o ano 2022

 

Alegacións da CIG ao Acordo de Fondo de Acción Social para o 2022 A proposta de Acordo de Fondo de Acción Social segue a vir unicamente con axudas para para atención de persoas con discapacidade, polo que segue a manter limitadas as axudas iniciais deste Fondo de Acción Social, como a xubilación, discapacidade propia, fillos/as menores, maiores a cargo, axuda aos estudos de fillos/as e propios, adquisición de vivenda, gastos sanitarios e ópticos.

Todos estes recortes no FAS comezaron no ano 2012 da man da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza, unha lei ditada ao abeiro dunha crise económica xa superada e da que o goberno do estado español xa ten levantado todas as limitacións de orzamento que puideran ser xustificación destes recortes.

Nesta proposta que nos presenta a Administración, a única novidade con respecto o anterior FAS é o aumento do nivel das rendas anuais das persoas causantes, que se ve incrementado este límite dos 13.300 euros do ano pasado ata os 13.510. A cantidade desta axuda fica en 2.160 euros por causante, exactamente igual que no ano 2021 e no 2020, así que non se actualizou nen tan sequera co IPC.

Na CIG insistimos nas alegacións presentadas en anos anteriores e que se resumen en:

Recuperación de todas as modalidades (axudas) do FAS que tiñamos antes dos recortes, e aumentalas progresivamente.

Recuperación dos importes subtraídos no 2012 e chegar ao 1% da masa salarial.

Compatibilizar as axudas do FAS con outras que se poidan percibir, e que a resolución e aboamento sexa no mesmo ano natural da convocatoria para evitar os problemas con declaracións complementarias de IRPF.

Que todas as axudas que se concedan sexa proporcional o nivel de renda das familias.

Solicitamos que esta axuda se meta en nómina tamén no persoal funcionario, co mesmo sistema de petición que ten o persoal laboral, por unha sola vez, ata que se perda o dereito a cobrala. De non facerse así supón un agravio para o persoal funcionario público que ten que facer a petición cada ano e entregar a documentación xustificativa e, dado que vai case con dous anos de atraso, podería quedar sen cobrar se cambian as circunstancias da persoa causante e/ou a solicitante.

No referido a solicitudes debe darse como opción prioritaria a presentación por sede electrónica cun procedemento propio para o FAS, permitindo que se poida presentar tamén por rexistro, tal como parece no artigo 5.

Os prazos para solicitar o FAS non deben coincidir en ningún caso co mes de agosto. Se non se aceptan as demandas de modificación total do documento e a apertura dunha negociación para a recuperación dos nosos dereitos, a publicación debe facerse canto antes para así podermos garantir o pagamento do FAS dentro do presente ano.

A resolución e aboamento do FAS debe ser no mesmo ano natural da convocatoria para evitar ter que recorrer a declaración complementarias do IRPF.

Que estas alegacións da CIG cheguen a alguén con capacidade para cambiar o Fondo de Acción Social. En definitiva, queremos un auténtico Fondo de Acción Social ao que se poda acoller todo o persoal empregado público da Xunta que vaia máis aló dunha simple liña de axudas para atención de persoas con discapacidade.

En definitiva, queremos un auténtico Fondo de Acción Social ao que se poda acoller todo o persoal empregado público da Xunta que vaia máis aló dunha simple liña de axudas para atención de persoas con discapacidade.

Reunión 31/03/2023 con Función Pública FAS

Preguntamos si lle chegaron as alegacións que a CIG presentou por escrito o 23 de febreiro, respostaron que sí, a maiores alegamos:

- Parecenos inxusto que compañeiros da mesma Xunta de Galicia que pertencen a MUFACE, ou de outras administracións teñen dereito a axudas que a Xunta de Galicia non contempla neste Fondo de Acción Social, queremos que en positivo por o menos se igualen os que non as teñan.

- Cando se publicará o FAS e si aceptan algunha proposta nosa.

Resposta da Administración, nesta mesa non toca o de volver as axudas de antes do 2012, e que se alegue na mesa de orzamentos, ata chegar as cantidades que desexemos, eles saben que a CIG tamén o reclamou na mesa de orzamentos.

Adiantaron que van a cambiar o modelo de FAS, que vai a ser aberto e permanente a partir do ano 2024, pero non aclararon como, nos preferimos o modelo que teñen ahora o persoal laboral, din que se negociará e que sairá a diante o que vote a maioría.

Por último dixeron que este FAS, sairá publicado a finais de abril deste ano 2023.

Ningún comentario:

Publicar un comentario