Resumo dos “rogos e preguntas” da xuntanza do pasado 31 de marzo, onde o director xeral de Función Pública deu a información que trasladamos:
Concursos de traslados
- Baremo finanzas: sairá na semana do 10 ou do 17 de abril.
- O DXFP indica que é probable que a finais de abril teñamos unha
primeira xuntanza para falar de prioridades nos concursos de traslados
que convocar.
- Tentarán acompasar os procesos selectivos e a resolución dos concursos de traslados.
Procesos selectivos (previsión)
- Aux. clínica: remata o prazo de presentar documentación o 13 de abril. Semana seguinte elección de destino.
- Traballo social: remata prazo 25 de abril. Tentarán que a última semana de abril saia a elección de destino.
- Educador social: remata 3 de maio. Xa están facendo listados para elección destino.
- Veterinarios: hoxe ou luns publican baremo definitivo. Abrirán prazo para documentación que rematará aprox. polo 10 de maio.
- Bombeiros forestais: hai 393 alegacións ao baremo provisional e
prevén que chegue algunha máis. Tentarán resolvelo o antes posible.
Fondo de Acción Social
Valoran a posibilidade de mudar o sistema de cobro para o persoal funcionario, pasando dun pago anual a pagos por mensualidades como está recollido no artigo 35 do V Convenio Colectivo do persoal laboral da Xunta. A tal efecto, no último trimestre do ano negociaremos un sistema de FAS diferente para o persoal funcionario o que implicaría que teñamos dúas convocatorias diferenciadas: unha referente ao ano 2023 que sería como sempre, e outra referente ao ano 2024 xa co novo sistema de pagos mensuais.
Observamos que está a referirse a axudas por persoas con discapacidade a cargo. Non hai referencia algunha á recuperación de todas as modalidades de FAS que eliminaron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario