Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 20 de decembro de 2024

A CIG reclama a recuperación de dereitos do persoal das administracións públicas

 

A lei de Orzamentos para 2025 perpetúa os recortes de 2012 e non avanza nengunha mellora, excepto para a escala de letrados e interventores, polo que dende a CIG solicitamos a extensión desa mellora para todo o persoal

A CIG concentrouse o martes 17/12/2024 diante do Parlamento de Galiza, coincidindo co debate dos Orzamentos da Xunta para 2025 para denunciar que con esta lei se perpetúan os recortes de 2012, e para reclamar a recuperación dos dereitos do persoal das administracións públicas.

Reclamamos para todos os empregados e empregadas públicas a recuperación do 100% das pagas extras, a recuperación do Fondo de Acción Social coa asignación do 1% da masa salarial; a recuperación dos 9 días de asuntos propios, unha suba para todo o persoal equivalente á que a Administración da Xunta aplica aos letrados e interventores, a eliminación da taxa de reposición, e a xornada de 35 horas, entre outras demandas.

Dende a CIG-Autonómica denunciamos tamén que, coa lei de Orzamentos para o ano 2025, a Xunta continúa coa posibilidade de modular ou eliminar a percepción dos complementos específicos que retribúen as condicións de servizo específicas do persoal funcionario. “Desta forma pretenden reducir o salario do seu persoal nas baixas, conciliacións, vacacións... ou cando consideren que parte do servizo non se presta por carteleira ou polas condicións das funcións ou do traballador/a”.

xoves, 12 de decembro de 2024

ALTRI NON!! RUEDA DICTADOR

 

    ALTRI NON!!!

RUEDA DICTADOR?

Para que non envenenen a nosa terra, a nosa auga, nen o noso aire, manifestate con nós, para que os ricos e gobernantes ditadores non se fagan máis ricos e máis ditadores, manifestate con nós, por a defensa do noso medio de vida da nosa saúde manifestate con nós.

Manifestación día 15 de decembro, as 12:00 h. na Alameda de Santiago Compostela


martes, 10 de decembro de 2024

Trienios de persoal laboral temporal que aproba un proceso selectivo ou pasa a ser persoal interino


En primeiro lugar salientar que para reclamar os importes dos trienios como persoal laboral se exclúe ao persoal laboral fixo que se funcionarizou e que estas reclamacións poden darse en basicamente dúas situacións:

1.- Persoal laboral temporal que aproba un proceso selectivo e pasa a ser FUNCIONARIO DE CARREIRA.
2.- Persoal laboral temporal que pasa a prestar servizos como persoal FUNCIONARIO INTERINO.

O persoal funcionario dos grupos C1, C2 e AP que prestou servizos como persoal laboral e tiñan trienios recoñecidos como tal, perderon poder adquisitivo ao adquirir a condición de persoal funcionario de carreira ou interino.

A diferenza entre o importe dos trienios de persoal funcionario e laboral por subgrupos é a seguinte:

A CIG esixe á Xunta a posta en marcha de todos os graos da carreira profesional

   

A posta en marcha do sistema de carreira profesional, que se iniciou no 2019 e tiveron que resetear no 2022, nen sequera se cumpre nos termos acordados. Deberían sentarse a negociar a convocatoria do grao III. E se supón que iso incluiría tamén o acceso aos graos I e II para aquelas persoas que están no grao I ou aínda non accederon a eles polo sistema extraordinario.

A diferenza do SERGAS onde están xa máis avanzados e no grao IV dende 2022, na Xunta o sistema pactado non garante nada. E a maiores de telo paralizado durante un ano e de verse obrigados a modificalo seguen a impedir que moito persoal acceda ao sistema.

Esiximos a posta en marcha, previa negociación, do acceso universal a todos os graos con efectos do 1 de xaneiro de 2025. E agora e no momento da negociación imos seguir mantendo,