En primeiro lugar salientar que para reclamar os importes dos trienios como persoal laboral se exclúe ao persoal laboral fixo que se funcionarizou e que estas reclamacións poden darse en basicamente dúas situacións:
1.- Persoal laboral temporal que aproba un proceso selectivo e pasa a ser FUNCIONARIO DE CARREIRA.
2.- Persoal laboral temporal que pasa a prestar servizos como persoal FUNCIONARIO INTERINO.
O persoal funcionario dos grupos C1, C2 e AP que prestou servizos como persoal laboral e tiñan trienios recoñecidos como tal, perderon poder adquisitivo ao adquirir a condición de persoal funcionario de carreira ou interino.
A diferenza entre o importe dos trienios de persoal funcionario e laboral por subgrupos é a seguinte:
Subgrupo Diferenza Mensual Diferenza Anual
C1 -2,61 -45,18
C2 -12,71 -177,96
AP -17,98 -251,72
No caso de querer reclamar que os antigos trienios se cobren polo importe que correspondía como persoal laboral hai que ter en conta que se a administración non estima a reclamación en vía administrativa, haberá que plantexar unha demanda no ámbito do contencioso administrativo.
Se tés algunha dúbida ponte en contacto cos locais da CIG na túa comarca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario