O permiso parental de oito
semanas, até que a/o menor cumpra oito anos, está regulado, agás polo de
agora a súa retribución, e está incluído na carta de permisos do Portax
No
Portal do empregado/a público da Administración da Xunta (PORTAX)
aparece este permiso e está activo no apartado de solicitudes. Aínda que
o Pórtax omite a información da normativa básica, pódese solicitar por
semanas completas, cunha antelación de 15 días e até que o fillo ou
filla cumpra 8 anos de idade.
No Consorcio non o incluíron na
carta de permisos, licenzas e vacacións no Portal da/o Empregada/o, que é
a aplicación que utilizamos para as solicitudes, polo que é
descoñecido para grande parte do persoal e temos que solicitalo por
fóra.
A Consellería de Política Social e Igualdade e a
Consellería de Medio Rural denegan este permiso sistematicamente con
diferentes “xustificacións xenéricas” que incluso se basean na falta de
desenvolvemento regulamentario, e non dan opción a acordar novas datas
como indica a norma cando hai problemas de necesidades do servizo:
denégano e punto. Outra vez son as mesmas consellerías, xunto co
Consorcio, as que máis maltratan ao persoal xa que sabemos que noutros
departamentos poden gozar deste permiso sen problemas (eso sí, sen
retribución).