Agora vamos en serio falar de datos e de declaracións que fixeron tanto políticos do PP de Galicia e directivos de ALTRI para enganar e manipular á poboación de Galicia.
- A Planta de ALTRI abarca unha superficie e 366 hectáreas, dez veces máis que o terreo da planta de ENCE en Pontevedra. A celulosa de ALTRI vai instalar unha cheminea a de 75 metros de altura, consumirá cada ano 1,2 millóns de toneladas de eucalipto e cada día usará un máximo de 46.000 metros cúbicos de auga, o equivalente a todo o consumo da provincia de Lugo, logo devolverá o río Ulla 30.000 metros cúbicos de auga convenientemente tratada, ou sexa con unha porcentaxe alto de contaminantes de metais pesados e a unha temperatura 3 graos superior a do río, iso e o que din o dos 3 graos, porque e o máximo permitido na lexislación actual, ou sexa que van ser unha termas o río Ulla, con metais pesados e moi contaminantes para producir 400.000 toneladas anuais de celulosa e outras 200.000 toneladas de fibra téxtil.
- Os políticos do PP de Galicia sempre estiveron detrás do Proxecto GAMA que e como denomina ALTRI a macrocelulosa que quere plantar en Palas de Rei, como un impulsor máis. Tanto dende a sede do Goberno Galego, en San Caetano, como desde a CRTVG, descualificábase antes de coñecer os argumentos, a quen se opuxera a macrocelulosa. O discurso oficial condicionaba o apoio sempre que contase co aval dos técnicos, fai máis de un ano, cos estudios de Altri aínda sen facer, a conselleira de Economía xa cualificaba o proxecto como “redondo”.
Os directivos de Altri, sempre dixeron que si non os querían unha maioría social dos Galegos se ían, ou -que si non lle daban financiamento para facer a planta e poñela en marcha non a farían.
- Todo mentiras tanto polos directivos de ALTRI, agora que xa se sabe que a primeira axuda que pediron por descarbonización non lla da o Goberno de España, din que queda, e máis, xa se sabe que teñen miles de alegación de cidadáns galegos que se opoñen a planta, e unha maioría social da poboación de Galicia se opón a planta, houbo manifestacións en contra da planta de máis de 100.000 personas en Santiago de Compostela, e eles agora din que se quedan.
- A panacea dos empregos que se van crear, esta e outra falacia do Goberno da Xunta, segundo a empresa Altri van a crearanse entre 400 a 500 empregos, nos pensamos que aínda menos, e de mala calidade, estes empregos non os queren nin en Portugal, e póñense en perigo 8.000 empregos de calidade da comarca da Ulloa e da Ría de Arousa, onde non nos esquezamos desemboca o río Ullla (hosteleiros, agricultores, gandeiros, pescadores, mariscadores...).
- Outra das mentiras que nos contaron e que esta fabrica ía producir solo fibras vexetais, cando nos enteramos que en realidade e unha macro-celulosa, moito mais grande que a de ENCE que contamina actualmente a Ría de Pontevedra, aproximadamente polo tamaño 10 veces máis, xa nos podemos imaxinar como vai quedar a comarca da Ulloa o o río Ulla e a súa vez tamén a Ria de Arousa.
- As bondades económicas desta empresa tamén para Galicia non vai ser a panacea, ten a sede social en Oporto, polo que todo o que gañe contaminando aquí en Galicia, os impostos sobre beneficios irán para o país veciño de Portugal. Nós pensamos que os que menten e manipulan so e por interese propio, de ter unha portas xiratorias os consellos de administración destas empresas, onde lle pagarán bos emolumentos polos “servizos prestados” , ao ex-presidente da Xunta, huído a Madrid, ao Presidente actual, e a algún Conselleiro ou Conselleira que se agocha no Consello da Xunta deste PP de Galicia, como a conselleira de Economía, a de Medio Ambiente ou Secretaria Xeral do PP de Galicia..., que so nos intenta dividir, enganar e manipular. Defender a terra non e delito, contaminala si!
Ningún comentario:
Publicar un comentario