O venres 31 de xaneiro asistimos a dúas mesas de negociación nas que se trataron os seguintes asuntos: o modelo de concurso específico, a RPT de Educación e a RPT por sentenza xudicial.
Na rolda aberta de intervencións fixemos moitas preguntas sobre concursos de traslados, procesos selectivos, carreira profesional, e moito máis. Porén, a directora xeral de Emprego Público, para variar, responde co que xa sabemos: se preguntamos cando van rematar un proceso, di que agora está en baremo provisional e despois virá o definitivo... Vaia novidade! Para iso non fai falla que diga nada!!! E así con todo…, non se sae de que están «analizando» e «valorando», e a previsión para todo é «proximamente».
- Concurso específico
Vai ser unha tomadura de pelo, no sentido de que non queren regular a puntuación de cada mérito, e quedará ao que decidan as consellerías en cada convocatoria. Así van poder adaptar as bases das convocatorias segundo conveña en cada caso, para axustalas o máximo posible a unhas persoas funcionarias determinadas que queiran colocar nas prazas. Dende a CIG non podemos consentir que cada consellaría faga o seu “cortijo”, cremos que tampouco responde a unha administración seria e rigorosa.
Ademais, néganse a poñer un calendario para que as consellarías convoquen a cobertura dos máis de 800 postos de concurso específico, polo que veremos como seguen as comisións de servizos en fraude de lei, moitas delas con máis de 10 anos.
Chama a atención que o borrador das bases que nos entregou a Dirección Xeral de Emprego Público
A
CIG ven de rexistrar os milleiros de sinaturas recollidas no 2024 entre
o persoal da Administración Autonómica solicitando a implantación con
carácter inmediata das 35 hora de xornada semanal para todo o mundo da
Administración xeral e un horario máis reducido para o persoal con
xornadas especiais.