Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 28 de febreiro de 2019

Comunicado de apoio da Xunta de Persoal de SSCC á folga do 8 de marzo

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais elaborou un comunicado de apoio a todos os actos que se convoquen na xornada de folga do 8 de marzo e convoca a todas as traballadoras e traballadores de servziso centrais a participar neles. O dito comunicado foi aprobado na Comisión permanente do 22 de febreiro.

COMUNICADO DA XUNTA DE PERSOAL DE SSCC DE APOIO Á FOLGA DE MULLERES DO DÍA 8 DE MARZO.

A Xunta de Persoal de Servizos Centrais manifesta o seu apoio á folga do vindeiro 8 de Marzo, como solidariedade na loita pola igualdade de dereitos e oportunidades e en contra das agresións machistas.

Resumo da Comisión de Persoal 26/02/2019

Barreiro presentando o enésimo cronograma
O martes 26 tivo lugar unha Comisión de Persoal na que se aprobaron as convocatorias de varios procesos selectivos, a modificación da RPT do ISSGA e a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. 

Tamén houbo información interesante ao final sobre a posta en marcha da carreira profesional, a OEP 2019 e as vindeiras convocatorias de procesos selectivos.

Carreira profesional: persoal excluído por ausencia de formación

Na Xunta, máis que carreira é unha maratón
O persoal que por antigüidade accedería ao sistema extraordinario de carreira profesional pero non cumpre o requisito de ter 40 horas de formación, está a recibir aviso das xefaturas territoriais para que aporten a documentación que poida emendar a súa exclusión do acceso ao grao I anticipado.

Temos información de que só en Educación estarían excluídas 73 persoas en Pontevedra e 115 na Coruña. Pero sen poder contabilizalo sabemos de moitos casos en todas as consellarías e ámbitos territoriais.

luns, 25 de febreiro de 2019

Oposicións, RPTs e outras informacións do 18 a 22 de febreiro

Semana completa a do 18 a 22 de febreiro, con xuntanzas coa Administración todos os días. Tratáronse modificacións de tres RPTs, convocatorias de seis procesos selectivos, o réxime de prestación do persoal veterinario da consellería do Mar, comisión de seguimento do consorcio, procedemento da formación en igualdade e violencia de xénero, importe de niveis de complemento específico e plan de formación do SPDCIF.

A estratexia da Administración está clara: pasar de períodos de nula actividade a outros de sobreexcitación de xeito que aos sindicatos nos resulte imposíbel procesar e difundir a información.

luns, 18 de febreiro de 2019

A EGAP convoca o Plan de autoformación con 42 propostas

  • O prazo para presentarse ás probas de autoavaliación remata o 18 de marzo.
  • O acceso aos contidos estará aberto até o 20 de decembro

Os cursos organizados no marco deste Plan diríxense a todo o persoal empregado público de Galicia e están relacionados coas seguintes áreas temáticas: Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa; comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades; Plan formativo ofimático; réxime xurídico e actividade financeira das Administracións públicas, e políticas públicas e procedementos comunitarios da Unión Europea. O obxectivo é ofrecerlles a opción de adquirir coñecementos dun xeito máis independente.

Eleccións de persoal funcionario en Servizos Centrais: censos provisionais

Dende hai uns días xa están nos taboleiros de anuncios os censos provisionais do persoal funcionario que poderá exercer o dereito ao voto nas vindeiras eleccións do 11 de abril.

Facemos un chamamento a que revises os teus datos e xa adiantar que hai problemas cos departamentos que van votar na mesa itinerante (mal recollido por exemplo o persoal de Cultura do Gaias).

Podes enviarnos as túas alegacións tanto fisicamente ao local sindical como ao enderezo cig.sscc@gmail.com ou dilixencialas persoalmente ante a Dirección Xeral de Función Pública. Tes de prazo até o 28 de febreiro.

A nivel provisional temos esta organización de mesas:

mércores, 13 de febreiro de 2019

Publicado no DOG o plan formativo ofimático e a oferta formativa en idiomas para persoal empregado público

No DOG do 12 de febreiro foron publicadas as accións formativas da  EGAP dirixidas a persoal empregado público, tanto de ofimática como de idiomas. O prazo de matrícula remata o 20 de febreiro. Como sempre a través da zona de matrícula da EGAP.

As accións van dirixidas a persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).