A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais, consonte ao acordado no último Pleno,
vén de dirixir un escrito ao Presidente da Xunta co obxecto de revertir
a lei de medidas unha vez cumpridos os dous anos da súa entrada en
vigor, consonte ao disposto na disposición derradeira da propia lei.
No escrito, esta xunta de persoal manifesta o seguinte:
"Que a LEI 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia leva en vigor dende o 3 de marzo de 2012.
Que o conxunto de empregadas e
empregados públicos da Xunta de Galicia leva sufrindo unha serie de
recortes sen precedentes dende a entrada en vigor desta lei, tales como a
perda do complemento por incapacidade temporal, a perda do fondo de
acción social, eliminación de días de asuntos persoais, o dereito á
prolongación de permanencia no servizo activo, imposicións con respecto
ao horario de traballo, a posibilidade de redución obrigatoria para o
persoal interino e diversas modificacións unilaterais de determinados
artigos do V Convenio Colectivo, entre outros.
Ademais desta serie de medidas que
sufrimos o persoal da Xunta de Galicia, tamén hai que sinalar a perda de
poder adquisitivo polo recorte do específico nas pagas extras de 2013 e
2014.
Así mesmo, hai que sumar a esta serie de medidas autonómicas as que o persoal da Xunta soporta por parte do Goberno Central, como foron a paga extra de 2012 e a diminución de días de asuntos persoais na normativa básica.
Así mesmo, hai que sumar a esta serie de medidas autonómicas as que o persoal da Xunta soporta por parte do Goberno Central, como foron a paga extra de 2012 e a diminución de días de asuntos persoais na normativa básica.
Non entanto, o propio Estado acaba de
anunciar a recuperación dun segundo día de asuntos persoais a maiores do
que xa outorgou a finais do ano pasado.
Esta lei de medidas sinala na súa disposición derradeira única “As
medidas previstas nesta lei serán revisadas nun prazo de dous anos
dende a súa entrada en vigor, en función da evolución do produto
interior bruto real de Galicia e do aforro primario dos orzamentos.”
Segundo se recolle nas propias notas de
prensa da Xunta de Galicia, sen ir máis lonxe na que se asina en Panamá o
pasado 19 de febreiro, o propio presidente da Xunta manifestaba que Galicia
está a ser unha das comunidades máis solventes e máis seguras ao
cumprir o déficit público no ano 2013 por debaixo do tope máximo
autorizado polo Goberno de España, abondando posteriormente que
Galicia está cun déficit por debaixo dos obxectivos fixados e que o leva
cumprindo dende o ano 2009, sinalando que Galiza é unha das comunidades
máis solventes do Estado, ademais de que a débeda pública, segundo
fontes da Xunta, ficou 3,6 puntos por debaixo da media.
Tamén á conselleira de Facenda sinalou,
nunha entrevista na Radio Galega o pasado 23 de marzo, que se ía
proceder a revisar á alza as previsións de medre da economía galega para
este ano 2014, estimada para o presente exercicio nun 0,8 %, xa de
entrada unha décima superior á previsión do Estado.
Por todo o exposto, EMPRAZAMOS ao
presidente da Xunta a que se revertan todas estas medidas ou cando menos
sexan revisadas, debido a que xa se esgotou, o pasado 3 de marzo, o
prazo de dous anos que establecía esta Lei de Medidas e debido tamén a
que a mellora da situación económica e de déficit é moito máis
sustentable que hai dous anos, segundo manifesta sempre a propia Xunta
de Galicia."
Ningún comentario:
Publicar un comentario