A Xunta de Persoal dos Servizos
Centrais vén de lanzar unha campaña na que distribuiu entre o persoal
tres modelos de queixa ante a imposibilidade de traballar os venres pola
tarde na modalidade de horario flexible.
As queixas van dirixidas ante a comisión de seguemento da Orde de flexibilidade e no caso da flexibilidade familiar tamén ante a Comisión 1ª do Parlamento galego.
Con estas queixas preténdese iniciar a modificación da Orde co obxecto
de adaptala á lei de igualdade no caso da flexibilidade familiar e
permitir a flexibilidade automática os venres pola tarde no mesmo
horario que de luns a xoves.
Non existe por parte da Administración unha xustificación razoable,
nin organizativa nin de aforro, para impedir a flexibilidade os venres
pola tarde tendo en conta, ademais, que a gran maioría dos centros teñen
idéntico horario de apertura de luns a venres. Así pois, resulta
inxusto que mentres o centro permanece aberto os venres pola tarde, non
se poida traballar baixo o réxime de modalidade de horario flexible.
Flexibilidade familiar
Na redacción dada ao art.
44 da Lei 7/2004 pola Lei 2/2007, a única causa prevista para limitar o
exercicio da xornada flexible por conciliación familiar son as necesidades do servizo.
Necesidades do servizo que en boa lóxica deberan estar xustificadas
para cada caso, e en cada centro, e non impoñendo uns condicionantes
horarios fixados arbitrariamente na Orde con carácter xeral, que reducen
o ámbito temporal de exercicio desta modalidade de xornada flexible.
Xa que logo, considerase que a citada orde incumpre a mencionada lei
debido a que en vez de recoñecer “o mais amplo horario diario de
referencia posible”, o que fai é o contrario. Xa que logo, ademais
destas queixas, cada persoa interesada pode formular o correspondente
recurso perante a resolución da flexibilidade familiar.
- Persoas con flexibilidade familiar pre Orde
- Persoas con flexibilidade familliar post Orde
- Persoas con flexibilidade automática
Ningún comentario:
Publicar un comentario