Inadmisibles leccións de ética da persoa que lidera o partido que bate marcas en casos de corrupción.
Nun arrebato máis de indignidade, o Partido Popular, asediado por múltiples casos de corrupción política, pretende desviar a atención e apunta directamente aos/as empregados/as públicos/as como culpables dos casos de corrupción. Os casos de corrupción do Partido Popular (Pokemon, Gurtel, Patos, etc.) non son casos de corrupción de empregados/as públicos/as, senón a pesar dos controis exercidos polos funcionarios/as públicos/as, e perseguidos polos mesmos.
Precisamente, nun ambiente corruptóxeno, onde se mercantilizan os servizos públicos e son fonte de lucrativos negocios, onde os bens públicos son mercadoría, é aí onde se aprestan a facer negocio os que consideran que son parte da operación mercantil da súa venda. Si os Servizos Sociais, a Educación e a Sanidade, non son dereitos senón mercadorías privatizabeis, querer sacar partido da súa venda se percibe como lexítimo por quen defende ideoloxicamente eses presupostos.
É nesa esfera, onde se adoptan as decisións políticas, e é naqueles persoas que de xeito intrusivo planean sobre as Administracións Públicas (asesores, altos cargos, persoal de confianza, libres designacións) onde está o foco da corrupción. O nexo entre o desmantelamento do Estado do Benestar e a corrupción política é evidente, e é precisamente a existencia de empregados/as públicos/as, un dos freos para impedir que se siga metendo a man nas arcas públicas.
Dende a CIG-Autonómica manifestamos que quen necesita un código ético é o Partido Popular e non imos consentir que o amigo dun narcotraficante dea leccións de ética pública aos empregados/as públicos/as da Xunta de Galiza. Non imos consentir que ante a pregunta de si os cargos do Partido Popular rouban se conteste que os empregados/as públicos/as necesitan un código ético. A CIG-Autonómica, que aínda non recibiu o borrador, non se vai prestar a este xogo inmoral que só serve para lavar a imaxe dun Partido Popular coa mácula da corrupción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario