Sindicato Nacionalista de Clase
martes, 20 de maio de 2014
Boletín da CIG San Caetano: Non á integración dos chiringuitos
Achegamos o Boletín da CIG nos Servizos Centrais da Xunta de Galiza, un dos boletíns sindicais con maior difusión de todo o país e maior lectura entre as traballadoras e traballadores públicos da Xunta de Galiza.
Neste número:
- Non á integración dos chiringuitos na Xunta
- Cousas que cheiran na Xunta (denuncias breves)
- Breves (toda a información da Función Pública autonómica: concursos, procesos selectivos, rpts...)
- Humor ou non: Quen cumpre o código ético de Fejióo e quen non.
Podes lelo aquí
venres, 16 de maio de 2014
Medio Ambiente segue renovando as mesmas encomendas que xeraron 14 sentenzas de indefinición na última RPT
No DOG 14/05/2014
publícase unha nova encomenda de xestión da Consellaría de Medio
Ambiente, Infraestruturas e Territorio para que Tragsatec lle preste
"apoio técnico cualificado" á Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Investigación.
A dita publicación no DOG adoece de información substancial
sobre cuestións tan básicas como a xustificación técnica da falta de
medios propios, a achega de medios materiais e humanos da empresa, o
custo económico ou se realizarán os traballos dentro dos centros da
propia consellaría. Por outra banda, chama a atención que a publicidade
desta encomenda se realiza máis de 4 meses despois do seu comezo.
martes, 6 de maio de 2014
A burla do informe dos órganos de representación sobre as flexibilidades familiares
Existen centros dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza que
solicitan o informe aos órganos de representación mesmo unha vez
esgotado o prazo legal para resolver.
A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais
vén de dirixir unha batería de escritos a cada unha das secretarías
xerais e máis a Función Pública e Avaliación. Estes escritos fan
referencia á obriga legal de solicitar informe aos órganos de
representación nas flexibilidades familiares. Non só se detectan erros
sustancias interpretativos da lexislación actual por parte dos distintos
departamentos, senón que existe un atraso evidente na tramitación das
flexibilidades familiares e un defecto no envío de documentación para
elaborar o informe.
luns, 5 de maio de 2014
Tralos concursos: a voltas coas comisións de servizo e sen instrucións obxectivas
A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais
vén de remitir dous escritos ao director xeral da Función Pública
solicitando: 1) unha nova reunión para tratar as irregularidades das
comisións de servizo unha vez rematados os procedementos de provisión de
postos de traballo e 2) a apertura dunha mesa de negociación co fin de
elaborar un novo texto que regulamente as comisións de servizo con maior
transparencia e obxectividade.
Irregularidades tralos concursos
Entre as cuestións que motivan a
reunión, a Xunta de Persoal destaca o aumento do mercado negro das
comisións de servizo trala resolución dos concursos e detaca o seguinte:
as bolsas de postos de nivel 25 que quedaron vacantes tralas renunciar
do persoal que tomou posesión en LD, a inobservacia do procedemento
establecido (ocupación do posto antes da resolución, ausencia de
motivación, non valoración da preferencia no centro...), abuso das
reiteradas comisións de servizos en LDs declaradas desertas, etc.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)