O sector da
Autonómica da CIG-Administración de Compostela vén de denunciar o “abuso” das
encomendas de xestión nas consellarías. Sinala que se vén de publicar unha nova
da Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Medio Ambiente con Tragsatec para
apoiar á Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Investigación. Denuncia que esta
sería a terceira encomenda de xestión coa mesma empresa en menos de 3 meses e que
se recorre a este mecanismo para suplir a falta de empregadas e empregados
públicos.
Segundo explican, esta subdirección xeral
conta só con 5 persoas (incluído o subdirector e secretaria) e recentemente se
retocou a relación de postos de traballo sen engadir máis persoal. Engaden que outras
encomendas con esta empresa xa derivaron nesta consellaría na creación de até
14 prazas por sentenza xudicial só nos servizos centrais, o que entenden que demostra
que “este tipo de traballos son estruturais e polo tanto son necesarios máis
empregados e empregadas públicas”.
Ante esta situación e diante do silencio da administración ante os escritos presentados á Xunta, a CIG-Autonómica de Compostela xa solicitou a colaboración dos grupos da oposición no Parlamento de Galiza para, cando menos, conseguir a información que demandan e solicitar que se adopten as medidas oportunas.
Ante esta situación e diante do silencio da administración ante os escritos presentados á Xunta, a CIG-Autonómica de Compostela xa solicitou a colaboración dos grupos da oposición no Parlamento de Galiza para, cando menos, conseguir a información que demandan e solicitar que se adopten as medidas oportunas.
Entre outras cuestión demandan información sobre a xustificación técnica das encomendas, na que conste que non poden ser asumidas por medios propios, ou que non existen corpos e escalas creadas na Xunta capaces de asumir ese traballo, así como o importe da contratación.
Solicitan tamén información sobre a achega de medios de produción de Tragsatec, tanto materiais como humanos e a localización do persoal en centros propios da consellaria. Xunto a isto reclaman una declaración responsábel de que a consellaría non exerce as función de empresario, nin intervén nos procesos de selección de persoal alleo.
Lembran que a teórica xustificación das encomendas é a falta de persoal para traballos especializados, “se ben cando se abordou a creación de postos para executar as sentenzas, demostrouse que esa especialidade non é tal ao atopar facilmente un corpo ou escala xa existente na Xunta no que encadrar ese posto”.
A isto engaden que, en todo caso, a natureza da encomenda, así como as sentenzas de indefinición, demostran que estes traballos teñen carácter estrutural e, polo tanto, “deberá abordarse a súa realización a través dunha ampliación da RPT e non a través de encomendas de xestión”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario