O Instituto Galego de Vivenda e Solo recorta 800.000€ en gastos de persoal
En plena situación de emerxencia social coa vivenda, con centos de desafiuzamentos ao ano no noso país,
o organismo autónomo da Xunta con competencias nesta materia amortiza
36 postos de persoal funcionario, 10 dos cales están ocupados, co que
dificulta a atención, xestión e o asesoramento necesarios.
O 25 de setembro houbo unha primeira
reunión para tratar a modificación da relación de postos de traballo
(RPT) do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). Nesta modificación
proponse a amortización de ata 36 postos de persoal funcionario fronte
aos 11 que se crean, o que supón un recorte no capítulo de persoal de
máis de 800.000€.
A conclusión que loxica é
que esta proposta concreta que nos achega a Xunta, con este brutal
recorte, non resulta moi coherente coa continúa mensaxe de recuperación
económica e boa marcha da Administración autonómica.
A realidade é outra, a realidade social
que nos demostra que son necesarios máis recursos públicos e menos
indiferenza política para paliar a dificultade de acceso á vivenda e,
por suposto, a sangría dos desafiuzamentos. Fai falta
un maior parque público de vivendas e fai falta máis persoal para
informar, asesorar e xestionar a pesada burocracia que rodea o dereito á
vivenda. Por outra banda, tamén entendemos necesario un cambio político
xa que actualmente o IGVS só ten en conta ás persoas que botan da casa por "execución hipotecaria" pero non as que botan da casa por non poder facer fronte ao aluguer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario