Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 12 de decembro de 2017

OPE da Xunta 2017: segue a precariedade no emprego público

No DOG do 12/12/2017 publícase a ridícula Oferta de Emprego Público da Xunta para Administración xeral no 2017.


Esta oferta é ridícula non só polo reducido número de prazas convocadas agora que xa "superamos a crise económica", senón polo burdo engano que supón, que ten máis de propaganda política que de  cubrir as necesidades dos maltreitos servizos públicos. E ademais de ridícula, chega bastante tarde, a finais de ano.

Se quitamos das 789 prazas ofertadas en Administración Xeral, as 150 de promoción interna separada e as 213 de consolidación de persoal laboral (derivadas xa daquela OPE de 2008 nunca executada), quedan 426 porque as anteriores non elevan a taxa de reposición. Que falando de taxa de reposición, esta só é do 100% nos "sectores prioritarios". Quer dicir isto que na maoría de casos só cubren 1 de cada 2 xubilacións, amortizando o resto das prazas, ou máis ben, o crédito equivalente, creando cada vez unha estructura piramidal de recursos humanos máis invertida.


E para cando as convocatorias?

Como todas as ofertas na Xunta, e xa temos bastantes precedentes, ata que chega a convocatoria e finalmente as tomas de posesión poden pasar 8 anos como nos procesos de promoción interna do 2009 que finalmente houbo tomas de posesión no 2017, ou os 5 anos  para tomar posesión neste proceso de escala de topografía no que só se convocaba unha praza, só por poñer dous exemplos. 

E como ben sabemos, que se oferte, non quere dicir que se convoque, como así veñen logo as acumulacións de OPEs ou directamente a súa non execución. E logo temos os cronogramas incumpridos, estirando o chicle dicindo que agora si, que agora vai, pero logo non. Que llo digan a todas esas persoas que malgastan tempo e diñeiro na preparación das oposicións da Xunta.

Sen ir máis lonxe, anteriormente xa denunciabamos que só de promoción interna teñan sen convocar nas OPEs de 2015 e 2016 un total de 224 prazas e iso que teñen menor impacto económico orzamentario que as de acceso libre.


Non chega para cubrir os recortes 


Como dicimos, esta oferta non vai orientada a cubir os recortes ou paliar a alta temporalidade nin o aumento desta desde 2008 a 2016; vai só encamiñada a conter mínimamente a sangría das xubilacións dun cadro de persoal cunha idade media que supera os 50 anos. Recordemos ademais que ata este ano a taxa de reposición foi do 0%, do 10% e agora do 50%. Así pois, non hai interse ningún en cubrir as necesidades de persoal nos serivzos públicos, ben o vemos despois nas privatizacións ou encomendas de xestión, para as que si hai cartos públicos, que só traen sobrecustos e precariedade laboral a través de subcontratas.

Para corroborar o anterior, non hai máis que botar un ollo aos datos que publica a propia Xunta sobre efectivos de persoal desde 2008-segundo semestre- a 2016-segundo semestre- (onde rematan os datos dispoñibles). Nese período, o que vemos é un descenso neto de efectivos desde os 16.363 a 15.902, que en termos relativos non é moito (-2,9%) pero a clave está en que para paliar a sangría de postos fixos, aumentaron, e moito, as contratacións temporais, sobre todo no persoal laboral.

P. Funcionario 2008 2017 Variación
De carreira 8.157 7.521 -7,80%
Interino 1.117 685 -38,68%
Total 9.274 8.206 -11,52%




P.Laboral 2008 2017 Variación
Fixo 5.727 4.744 -17,16%
Temporal 1.362 2.952 116,74%
Total 7.089 7.696 8,56%




TOTAIS 16.363 15.902 -2,82%

Como vemos, entre 2008 e 2016 duplicouse o número de efectivos temporais entre o persoal laboral. Porén, a temporalidade entre o persoal funcionario reduciuse en algo máis dun terzo. Pero ollo, que como veremos, eso non quer dicer que aumetantara o número de efectivos fixos; é máis o número de persoal funcionario de carreira reduciuse en case tantos efectivos como persoal funcionario interino queda na actualidade.

En termos relativos, a temporalidade, polo tanto, reduciouse entre o persoal funcionario pero é que tamén se reduciu o persoal funcionario de carreira, en 11,52%, perdendo  máis de 1.000 efectivos en todos estes anos.

No persoal laboral, pola contra, o balance global é positivo, aumentando a porcentaxe de efectivos en 8,5%, se ben a base dun terrible aumento da temporalidade. Mentres o persoal fixo caeu nestes anos nun 17%, os contratos temporais aumentaron nun 116%, duplicando a taxa de temporalidade desde finais de 2008 desde o 20 ata o 38%.

En conclusión, temos que as ofertas de emprego público destes anos reduciron de xeito neto o número de efectivos, reduciron o número de efectivos fixos e aumentaron a temporalidade, sobre todo no persoal laboral,  onde 4 de cada 10 contratos son temporais. Para maior abundancia, hai que ter en conta que nestes números de temporalidade a Xunta non conta os contratos menores a 6 meses, moi habituais entre o persoal laboral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario